Chief of War é unha serie de televisión hawaiana creada por Thomas Paʻa Sibbett e Jason Momoa para Apple TV+. Momoa tamén protagoniza a serie e é produtor executivo da mesma. Estreouse o 1 de agosto de 2025.
Sinopse Baseada en feitos reais, a historia comeza a finais do século XVIII, cando os catro reinos principais das illas hawaianas estaban en estado de guerra: Hawaiʻi, Maui, Oʻahu e Kauaʻi. A serie segue a Kaʻiana, un xefe guerreiro (aliʻi) de Kauaʻi que viaxa fóra das illas, regresa a casa e se une a unha campaña sanguenta ata que, no último minuto, se rebela contra a unificación de Hawaiʻi que tivo lugar entre 1782 e 1810 baixo o goberno de Kamehameha I.
Personaxes Principais Jason Momoa como Kaʻiana Luciane Buchanan como Kaʻahumanu Te Ao o Hinepehinga como Kupuohi Te Kohe Tuhaka como Namake Brandon Finn como Príncipe Kūpule Siua Ikaleʻo como Nāhi Mainei Kinimaka como Heke Roimata Fox como Taula Keala Kahuanui-Paleka como ʻŌpūnui Moses Goods como Moku James Udom como Tony Benjamin Hoetjes como John Young Kaina Makua como Kamehameha I
Convidados Temuera Morrison como rei Kahekili Charlie Brumbly como Marley Sisa Grey como Vai Cliff Curtis como Keōua
Estrea A serie estreou os seus dous primeiros episodios o 1 de agosto de 2025, e despois estreáronse novos episodios semanalmente ata o 19 de setembro de 2025.
Malia que a serie fora anunciada inicialmente como unha miniserie limitada, Momoa e Sibbett afirmaron en xullo de 2025 que unha segunda e unha terceira tempada poderían recibir luz verde en setembro.
Notas
Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2025 Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión en lingua hawaiana