Francisco "Fran" Pérez Caamaño, nado en Noia o 6 de decembro de 1968, é un empresario e político galego do PSdeG-PSOE, alcalde de Noia.
Traxectoria Empresario. Estivo á fronte de varios negocios e asociacións deportivas e culturais, tendo unha empresa de comunicación gráfica. Foi presidente da asociación empresarial Noia Histórica.
Nas eleccións municipais de 2023 encabezou a lista electoral do PSdeG-PSOE ao concello de Noia; nelas, revalidou os resultados do equipo anterior, que o fixeron líder da oposición. Aos dous anos, en agosto de 2025, co apoio de Marea Cidadá de Noia, BNG e un concelleiro que marchara do PP, presentou unha moción de censura contra o alcalde popular Santiago Freire, e converteuse no novo alcalde de Noia, pasando a conformar un goberno de coalición cos concelleiros da Marea.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Noia
Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Noia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes