Hugo Burcio García, nado en Galapagar (Madrid) o 30 de outubro de 2006, é un futbolista español que xoga como mediocampista no Celta Fortuna, o filial do Celta de Vigo.
Traxectoria Burcio comezou os seus primeiros pasos futbolísticos no equipo da súa vila, Seseña.
A nivel profesional, Burcio iniciou a súa traxectoria na canteira do Real Madrid. Cando era Alevín, ademais, xogou coa Selección de Madrid o Campionato de España de Rexións, disputado precisamente en Vigo.
Na tempada 2020-21 incorporouse desde o conxunto madrileño á categoría Cadete B do Celta de Vigo. Burcio foi un dos futbolistas do Celta que se aloxou duranto o seu período formativo na residencia para futbolistas que posúe o club na súa Sede de Príncipe.
Selección nacional Burcio foi, xunto con Óscar Marcos e Ángel Arcos, un dos tres futbolistas celestes da xeración do 2006 que foron convocados coa Selección española de fútbol sub-19.
Vida persoal Hugo Burcio compaxina a súa actividade profesional cos estudos de Administración e Dirección de Empresas (ADE) na Universidade de Vigo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ángel Arcos Ligazóns externas HUGO BURCIO, talento celeste FEITO NA MADROA Reportaxe na canle do Celta sobre Hugo Burcio.
Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados en Galapagar Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B