A folosa bérber (Iduna opaca)Del Hoyo, J.; Elliot, A. & Christie D. (editors). (2006). Handbook of the Birds of the World Volume 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Lynx Edicions. . é un paxaro que antes se clasificaba no taxon xeral Sylvidae sensu lato, que resultou ser parafilético. Agora está clasificado na familia Acrocephalidae no xénero Iduna. Antes pensábase que formaba parte da especie Iduna pallida, pero como resultado dos modernos desenvolvementos taxonómicos, considéranse especies separadas.
Características miniatura|Ovos de folosa bérber na colección do Museo de Wiesbaden. É un pequeno paseriforme que se atopa en rexións abertas secas, incluíndo cultivos, con arbustos e algunhas árbores. Poñen dous ou tres ovos nun niño na maleza baixa ou nun arbusto. É insectívoro.
É un paxaro de medio tamaño. Os adultos teñen un dorso claro liso e partes ventrais abrancazadas. A lonxitude do seu corpo é duns 13-14 cm, cunha envergadura de 18-21 cm e un peso de 8-13 g. O seu bico é forte e agudo e as patas cincentas. Os sexos son idénticos, pero as aves novas son máis beixes no ventre.
Esta especie non abanea a cola ou faino moi raramente. Busca comida a diferentes alturas.
Reprodúcese na Península Ibérica e norte de África. É unha ave migratoria, que pasa o inverno na África subsahariana. É un vagante raro no norte de Europa.
A folosa bérber é máis grande e con tons máis marróns nas partes inferiores que a Iduna pallida. Tamén ten un bico máis grande. A súa canción é un balbucir nasal rápido.
Distribución Noroeste de África e Península Ibérica na época reprodutora, e África subsahariana no inverno.
Norte de África A folosa bérber aparece principalmente como un migrante de paso no sur de Marrocos, aínda que tamén se reproduce alí nalgunhas áreas con densa vexetación.Salewski, Volker, Herbert Stark and Bernd Leisler (2009) Olivaceous Warblers in Southeast Morocco British Birds 102(3): 116-21
Notas
Véxase tamén Bibliografía Fregin, S., M. Haase, U. Olsson, and P. Alström. 2009. Multi-locus phylogeny of the family Acrocephalidae (Aves: Passeriformes) - the traditional taxonomy overthrown. Molecular Phylogenetics and Evolution 52: 866–878. Sangster, G., J.M. Collinson, P.-A. Crochet, A.G. Knox, D.T. Parkin, L. Svensson, and S.C. Votier. 2011. Taxonomic recommendations for British birds: seventh report. Ibis 153: 883–892.
Categoría:Acrocefálidos Categoría:Aves de Europa Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1850