A maxia do chocolate (en ) é un filme canadense de 2021 dirixido, producido, editado, e coescrito por Jonathan Keijser.Nick Vivarelli, "Syrian Refugee Drama ‘Peace by Chocolate,’ Starring Hatem Ali, to Bow at Tribeca, UTA Selling". Variety, 3 de maio de 2021. Baséase na historia real dos Hadhads, unha familia de Siria que vai ao Canadá como refuxiados por mor da guerra civil siria, asentándose en Antigonish, Nova Escocia e creando a tenda de chocolate artesanal "Peace by Chocolate".Brooklyn Currie, "Peace by Chocolate film to debut at NYC's Tribeca Film Festival". CBC News Nova Scotia, 3 de maio de 2021. Está protagonizado por Hatem Ali como o patriarca Issam Hadhad e Ayham Abou Ammar como Tareq Hadhad. Foi o derradeiro papel de Ali antes da súa morte en decembro de 2020. O elenco tamén inclúe a Yara Sabri como Shahnaz Hadhad, Najlaa Al Khamri como Alaa Hadhad, Mark Camacho como o seu patrocinador de inmigración canadense, Frank Gallant e Laurent Pitre como empregados da fábrica de chocolate, así como unha breve aparición de Justin Trudeau que recrea o seu encontro na vida real coa familia Hadhad en 2016.
Estreouse o 18 de xuño de 2021 no Festival de Cinema de Tribeca, e no Canadá o 1 de xullo no Festival de Cinema de Lavazza Drive-In Film, en Ontario Place.Chris Knight, "Lavazza Drive-in Film Festival returns for another year". National Post, 25 de xuño de 2021. En Lavazza, foi un dos dous gañadores do Premio do Xurado, xunto co filme de Hong Kong Septet: The Story of Hong Kong."Comedy Triumphs at the Lavazza Drive-In Film Festival". Cision, 21 de xuño de 2021. Estreouse en galego o 20 de xuño de 2025 a través da TVG.
Notas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes ambientados en Nova Escocia Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego