Ricardo García Santín, nado en Becerreá o 23 de xullo de 1906 e finado nas Nogais o 3 de decembro de 1991, foi un panadeiro e político galego.

Traxectoria Panadeiro nas Nogais. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 5 de agosto e ingresou na Prisión de Lugo; foi posto en liberdade o 12 de setembro.Expediente procesual de Ricardo García Santín Volveu ser detido o 28 de abril de 1937 con Pedro Gutiérrez Gutiérrez. Procesado na causa 190/37 xunto con Luis García Vázquez, Jesús Salvador García Vázquez, Emilio Núñez Cabana, Nicomedes Lamas Díaz, Isidro Valentín Gómez Gerbolés, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Abel Valcárcel Puente, José González Rivero, José María Fátima Ben-Alí, José M. Freijo López, Nicolás Freijo López e José Poy Arrojo, foron xulgados en consello de guerra o 16 de febreiro de 1938; Ricardo foi condenado a reclusión perpetua por rebelión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1938.BOP Lugo, 14-1-1939, p. 1-2. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Lugo de onde saíu en liberdade condicional o 13 de xullo de 1943.BOE, 7-10-1943, p. 9722. Finou nas Nogais o 3 de decembro de 1991.La Voz de Galicia, Lugo, 4-12-1991, p. 37.

Foi novamente detido o 14 de febreiro de 1946 e ingresou na Prisión Provincial de Lugo encartado na causa 75/46. Foi posto en liberdade o 23 de marzo.Expediente procesual de Ricardo García Santín

Vida persoal

Casou con María Rosón López, e foi pai de Ricardo García Rosón.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Expediente procesual de Ricardo García Santín Expediente de responsabilidade política contra Constantino Bendoiro Carballo, Amadeo Rivero Gómez, Jesús González Simón e outros

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Becerreá

Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1991