André Cebrián, nado en Santiago de Compostela en 1986, é un músico galego, frautista solista da Scottish Chamber Orchestra desde 2020 e participante nos principais festivais de música de cámara europeos. Como solista convidado de frauta, actúa periodicamente en orquestras como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Castela León, Orquestra da Comunidade de Madrid, Dresden Staatskapelle, Scottish Chamber, Georgian Sinfonietta, a Filharmonia Zabrzańska ou na Orquestra de Cámara Galega, entre outras.

Traxectoria Realizou os seus estudos en Santiago de Compostela e en Salamanca con Luís Soto, Laurent Blaiteau e Pablo Sagredo; que continuou na Hochschule für Musik Detmold con János Bálint, na Haute École de Musique de Gèneve con Jacques Zoon; e mais no Conservatorio de París, onde recibiu clases de Claude Lefebvre.

Entre 2013 e 2020, foi profesor de frauta e música de cámara do Conservatorio Superior de Música de Aragón e é profesor de Frauta do Royal Conservatoire of Scotland e da Academia de Estudos Orquestrais da Fundación Barenboim-Said.

Ademais, foi o creador da editorial Jopfen Music, onde poden atoparse moitos dos seus arranxos, que son interpretados regularmente por orquestras como a Royal Danish National, Belgrade Philharmonic, Hannover Opera, EUYO, Sinfónica de Heredia, Gauteng Philharmonic, entre outras. Recibiu encargos da Oṕera da Monnaie, Flemish Opera, Scottish Chamber, Lois Jeans e da Casa Real do Reino Unido.

Após tocar en novas orquestras como a OJSG, a JONDE, a Britten-Pears ou a Gustav Mahler Jugendorchester, iniciou a súa carreira profesional na Sinfónica de Galicia, Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Tenerife, Orquestra de Cadaqués, Orquestra da Comunidade Valenciana, Orchestra Mozart, Nacional do Porto, Staatkskapelle Dresden e Sinfónica de Asturias.

Toca como solista convidado de frauta na Chamber Orchestra of Europe, BBC Scottish Symphony, Philharmonia Zürich, Royal Scottish National Orchestra, Spira Mirabilis, Sinfónica de Castela e León, Filharmónica de Gran Canaria, Sinfónica de Barcelona (OBC), Gran Teatro do Liceu, Malaysian Philharmonic e na Orchestra Leonore, entre outras.

Tamén foi solista en orquestras como a Sinfónica de Galicia, Sinfónica de Castela e León, Orquestra da Comunidade de Madrid, Real Filharmonía de Galicia, Dresden Staatskapelle, Scottish Chamber, Georgian Sinfonietta ou na Filharmonia Zabrzaska e con directores como Jean-Christophe Spinosi, Zsolt Nagy, Alejandro Pousada, Lanfranco Marcelletti, Vladimir Jurowski, Miguel Anxo Gómez-Martínez, Joana Carneiro, Guillermo García-Calvo, Vakhtang Kakhidze, Maxim Emelyanychev ou Peter Whelan.

Como músico de cámara, toca no quinteto de vento Azahar Ensemble; no Natalia Ensemble, en que é director artístico desde a súa fundación en 2013; coa pianista Irene Alfageme; coa harpista Bleuenn Lle Friec e co guitarrista Pedro Mateo González.

Comparte a súa paixón pola música nos numerosos cursos internacionais que imparte, como na organización das Xornadas de Frauta de Galicia en Santiago de Compostela, así como coas novas orquestras ás que acode cada tempada, entre as que están a JONDE e mais as de Andalucía, Cataluña, Euskadi, Valencia, Escocia ou México. Entre 2013 e 2020 foi profesor de frauta e música de cámara do Conservatorio Superior de Música de Aragón e é profesor na Academia de Estudos Orquestrais da Fundación Barenboim-Said e no Royal Conservatoire of Scotland.

Discografía Logo dunha década compartindo escenario co guitarrista Pedro Mateo, co que coincidiu como profesor no Conservatorio Superior de Música de Aragón, gravaron o álbum "Cartografía del Mar", cunha selección de obras para frauta e guitarra do século XX sobre temas moi arraigados na música popular, o que supuxo o desafío de saíren do ambiente clásico para emerxeren na sonoridade oriental ao acceder no universo de Tōro Takemitsu ou para se adentraren no flamenco coa bulería El Peixet de Bloomington de Feliu Gasull.

Este disco está publicado polo selo Eudora en formato Super Audio CD (SACD) e foi aceptado para dúas categorías dos Latin Grammy, como “Mellor álbum de música clásica” e “Mellor obra/composición clásica contemporánea”. Histoire du Tango: I. Bordel 1900. Astor Piazzolla Histoire du Tango: II. Cafe 1930. Astor Piazzolla Histoire du Tango: III. Nightclub 1960. Astor Piazzolla Histoire du Tango: IV. Concert d'aujourd'hui. Astor Piazzolla Sonatina, Op. 205: I. Allegretto grazioso. Mario Castelnuovo-Tedesco Sonatina, Op. 205: II. Tempo di Siciliana. Andantino grazioso e malinconico. Mario Castelnuovo-Tedesco Sonatina, Op. 205: III. Scherzo - Rondo. Allegretto con spirito. Mario Castelnuovo-Tedesco Toward the Sea: I. The Night Toru. Takemitsu Toward the Sea: II. Moby Dick Toru. Takemitsu Toward the Sea: III. Cape Cod Toru. Takemitsu Mountain Songs: I. Barbara Allen. Robert Beaser Mountain Songs: II. The House Carpenter. Robert Beaser Mountain Songs: III. He's Gone Away. Robert Beaser Mountain Songs: V. Cindy. Robert Beaser Elegia por Cintio Vitier. Leo Brouwer El Peixet de Bloomington. Feliu Gasull.

Notas

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Frautistas Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1986