Vila Real é un distrito de Portugal, pertencente á provincia tradicional de Tras-os-Montes e Alto Douro. En 2009 a poboación residente era de 213 775 habitantes,Portal do Instituto Nacional de Estatística; População residente (N.º) por Local de residência, Sexo e Grupo etário (Por ciclos de vida); Anual; 2009 e a súa capital é Vila Real.

Limita ao norte con Galiza, ao sur co distrito de Viseu, ao leste co distrito de Braganza e ao oeste cos distritos do Porto e Braga. Ten unha área de 4.328 km², sendo o 11º maior distrito portugués.

Territorio O distrito de Vila Real subdivídese nos seguintes 14 concellos:

Alijó Boticas Chaves Mesão Frio Mondim de Basto Montalegre Murça Peso da Régua Ribeira de Pena Sabrosa Santa Marta de Penaguião Valpaços Vila Pouca de Aguiar Vila Real

Na división do país en unidades territoriais para fins estatísticos (NUTS), o distrito forma parte da Rexión Norte, onde se divide nas subrexións do Douro, de Alto Trás-os-Montes e do Támega.

Poboación Número de habitantesInstituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) 1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 218 320 232 362 238 717 240 515 245 699 234 940 255 961 291 297 319 423 325 358 265 605 264 381 236 294 223 729 206 661

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Goberno Civil de Vila Real Instituto Xeográfico do Exército: distrito de Vila Real (cartografía)