Saturnino Rodríguez Fernández, nado en Lavadores cara a 1902, foi un albanel e político galego.

Traxectoria Albanel de Lavadores. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1941.BOE, 21-3-1942, p. 1496.

Militante do PCE. Foi secretario de Axitación e Propaganda do Comité Provincial de Pontevedra a principios dos anos corenta. Detido en Vigo o 3 de febreiro de 1945, procesado na causa 94/45 acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Mariano Otero Castelao, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Francisco Rey Drox, Eduardo Malvido Rúa, Antonio Soto Magariños, Luis Alonso Freijanes, Leopoldo Garrido Leirós, Ernesto Doural Campos, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo. Trasladado o 7 de maio á Prisión da Coruña, saíu en liberdade o 29 de novembro.

Volveu ser detido o 6 de marzo de 1946 e trasladado á Prisión da Coruña o 14 de abril. Procesado por "actividades comunistas" foi xulgado e condenado a 10 anos o 5 de agosto de 1946. Cumpriu condena na Prisión de Cuellar, onde ingresou o 4 de outubro, de onde pasou á Prisión da Coruña o 24 de xaneiro de 1947 e de alí á Prisión Central de Burgos o 7 de xuño, de onde saíu en liberdade provisional o 26 de febreiro de 1950.BOE, 2-5-1950, p. 1945.

Vida persoal

Casou con Emérita Pereira Fernández.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Registro-Índice de la Población Reclusa (1938-1955). Archivo General de la Administración.

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Políticos do PCE Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en ano descoñecido