Cristalina López Rodríguez, coñecida como Clara Martín, nada en Verín o 9 de agosto de 1968, é unha escritora galega en lingua galega e lingua castelá.
Traxectoria
Ten colaborado en páxinas web e no seu blog persoal Bicos con lingua. En prensa publicou “Tortellini rock” no apartado de Relatos de Verán de La Voz de Galicia no ano 2007. Ademais de narradora e dramaturga tamén é colaxista, coa colaxe analóxica ou manual centrando a súa obra na categoría de “femmage”. Obras Estado de alarma (2020). Ed. bilingüe galego-castelán. 3 relatos con fotografías de Plácido L. Rodríguez.
Loucine (2023). Ed. Fervenza. Lit. infanto-xuvenil. Dacabalo do aire (2023). Ir Indo. Libro de relatos con fotografías de Plácido L. Rodríguez. ISBN 978-84-7680-784-2.
Teatro Os pecados do lobo, representada baixo a dirección de Héctor Carballo en 2006.
Esquecín dicirche adeus… así que adeus (2019). Ed. Fervenza. 68 páxs. ISBN 978-84-17094-66-9. En castelán Olvidé decirte adiós… así que adiós. No esconderás un cadáver en el armario para a compañía madrileña Estamos en ello
Libros colectivos Sempre mar (2003). Colectivo Burla Negra da Plataforma Nunca Máis
Imposible no comerse (en el volcán de los amores canallas) (2019). Lastura Ediciones. Coordinado por Antonino Nieto.
Ilustradora Uterus siue uolua (2022), con poemas de Xulio Pardo de Neyra. Edicións Fervenza. ISBN 978-84-18136-75-7. Premios e recoñecementos 2004: Primeiro premio de narrativa da Romaría Etnográfica Raigame (Celanova-Ourense) co relato “ Ficarei en Lisboa”.
2005: Segundo premio no Airiños do Xunco (Lugo) 2005: Segundo premio no XIV Certame Literario de Piñor (Ourense) coas obras “Á sombra dá estatua” e “O bico de Xudas”. 2006: Primeiro premio no IV Certame de Relato Curto en galego convocado polo Concello de Mugardos (A Coruña) co relato “Verde herba verde” 2011: Primeiro premio no Certame de “Auga y Vida” de relato curto concedido por El Corte Inglés-Galicia con “Amara”. 2023: Gañadora do Concurso Balbino de relatos con "Loucine".
Foi finalista no Certame de Relato curto Ábaco-2006 coa obra “Pienso palabras”, no VI Certame “Carmen Martín Gaite” de Relato Breve convocado pola Agrupación Casa da Cultura de Cerceda (Madrid)-2006 co relato “Las manos del alma”. Foi Mención honorífica no I Certame “Dora Vázquez” de Arteixo (A Coruña) no ano 2003 co relato curto “Os paraísos de Eva” e Accésit no Certame “Manuel Oreste” convocado polo Concello de Paradela (Lugo) co poemario “Sogas” no ano 2008.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Nados en Verín
Categoría:Nados en 1968