Haliaeetus leucocephalus, xeralmente chamada pigargo de cabeza branca ou pigargo americano, é unha ave de presa que vive en América do Norte. En Norteamérica recibe o nome de bald eagle, pero en Galicia non sería propiamente unha aguia (eagle), xa que as especies de Haliaeetus se denominan pigargos; ademais non é calva (bald), xa que ten a cabeza emplumada, pero un antigo significado de bald en inglés era 'mancha branca',WordReference bald de onde realmente vén o nome, referido á cabeza, o que sería unha mellor tradución. Pertence ao grupo das aguias mariñas, ten dúas subespecies e forma un complexo de especies co pigargo europeo (Haliaeetus albicilla), que ocupa o mesmo nicho que esta especie no Paleártico. A súa área de distribución inclúe a maior parte do Canadá e Alasca e todos os demais estados dos Estados Unidos menos Hawai, e o norte de México. Atópase preto de grandes corpos de auga aberta con abundante alimento e árbores vellos para nidificar.

É unha ave que se alimenta de forma oportunista maiormente de peixes, sobre os cales se abalanza desde o aire e colle da superficie coas gadoupas, non co bico. É a ave norteamericana que constrúe o niño máis grande e o animal que constrúe o niño máis grande nas árbores, pois ten 4 m de altura, 2,5 m de ancho e 1 tonelada de peso. Chega á madureza sexual á idade de catro ou cinco anos.

O adulto é principalmente marrón con cabeza branca, como indica o seu nome científico (leucocephalus), e cola tamén branca. Os sexos son idénticos en plumaxe, pero as femias son un 25 % máis grandes que os machos. O bico amarelo é grande e con gancho no extremo. A plumaxe dos inmaturos é marrón.

Está na Lista de aves nacionais e é símbolo nacional dos Estados Unidos e aparece no Gran Selo dos Estados Unidos. A finais do século XX estivo a piques de extinguirse localmente nos Estados Unidos contiguos, pero medidas como a prohibición da súa caza e do uso do nocivo pesticida DDT fixeron máis lento o seu declive poboacional. Desde entón, as poboacións recuperáronse, e o status da especie foi subido de "especie en perigo" a "especie ameazada" en 1995 e foi retirada da lista de especies ameazadas en 2007.

Taxonomía

miniatura|upright|esquerda|Detalle da cabeza. Está situada no xénero Haliaeetus (pigargos), e o seu nome común e específico débese á distintiva cabeza branca do adulto, que contrasta co corpo máis escuro.

O nome do xénero é a palabra neolatina Haliaeetus (do grego ἁλιάετος, haliaetos, 'aguia mariña'), ἁλιάετος en Liddell, Henry George; Scott, Robert (1940) A Greek–English Lexicon, revised and augmented throughout by Jones, Sir Henry Stuart, with the assistance of McKenzie, Roderick. Oxford: Clarendon Press. In the Perseus Digital Library, Tufts University. e o epíteto específico, leucocephalus, é a latinización de λευκός, leukos, 'branco',λευκός en Liddell e Scott e κεφαλή, kephalḗ, 'cabeza'.κεφαλή en Liddell e Scott

Foi unha das especies descritas orixinalmente por Carl Linné no seu libro do século XVIII Systema Naturae, co nome de Falco leucocephalus.

Forma un complexo (ou parella) de especies co pigargo europeo de Eurasia. Este par de especies, unha de cabeza branca e outra de cabeza tostada, son case de igual tamaño e ambas con cola branca; o pigargo europeo tamén ten unha plumaxe marrón clara. As dúas especies ocupan o mesmo nicho ecolóxico nas súas respectivas áreas de distribución. A parella diverxeu doutras aguias mariñas ao principio do Mioceno temperán (hai uns 10 millóns de anos) como moi tarde, pero posiblemente xa no Oligoceno temperán/medio, hai 28 millóns de anos, se o rexistro fósil máis antigo foi asignado correctamente a este xénero.

Subespecies Recoñécense dúas subespecies: H. l. leucocephalus (Linnaeus, 1766): é a subespecie nomeada que se encontra no sur dos Estados Unidos e a península de Baixa California. H. l. washingtoniensis (Audubon, 1827), sinónimo H. l. alascanus (Townsend, 1897): é a subespecies do norte, máis grande que a do sur, que vive no norte dos Estados Unidos, Canadá e Alasca.

Descrición miniatura|esquerda|Detalle da plumaxe.

A plumaxe dun adulto é marrón escura lisa con cabeza e cola brancas. A cola é moderadamente longa e lixeiramente con forma de cuña. Os machos e femias son idénticos en cor da plumaxe, mais hai un dimorfismo sexual evidente na especie, xa que as femias son un 25 % máis grandes que os machos. O bico, pés e iris son amarelos intensos. As patas carecen de plumas, e as dedas son curtas e poderosas con grandes gadoupas. A garra moi desenvolvida da deda posterior utilízase para perforar as áreas vitais da presa mentres é inmobilizada coas garras das dedas anteriores. O bico é grande e con gancho na punta, cunha cera amarela. O adulto é inconfundible na súa área nativa. A especie emparentada africana Haliaeetus vocifer (que vive noutra parte do mundo) tamén ten corpo marrón (agás algún ton máis avermellado) e cabeza e cola brancas, pero diferénciase en que ten peito branco e a punta do bico negra.

miniatura|En voo. miniatura|Individuo en varios estadios da plumaxe desde cría no niño ata adulto. As imaxes mostran a mesma ave como cría emplumando, cun ano, 2 anos, 3 , 4 e 5 anos de idade. Nótese o aclaramento do ollo, o amarelamento do bico e o branqueamento da cabeza. A plumaxe dos inmaturos é marrón escura cuberta con manchas brancas desordenadas ata o quinto (raramente cuarto e moi raramente terceiro) ano, cando chega á madureza sexual. Os inmaturos son distinguibles da aguia real (Aquila chrysaetos), a única outra especie moi grande de ave de presa non vulturina de América do Norte, en que a anterior ten unha cabeza máis grande e sobresaínte cun bico máis grande, bordos das ás máis rectos, as cales se manteñen planas (non lixeiramente elevadas) e cun batido alar máis ríxido e plumas que non cobren completamente as patas. Cando se pode ver ben, a aguia real ten unha plumaxe distintiva cunha cor marrón cálida máis lisa que o pigargo de cabeza branca inmaturo, cunha mancha dourada-avermellada na súa caluga e (en exemplares inmaturos) un conxunto moi contrastante de cadrados brancos nas ás.

miniatura|Exemplar mostrando a súa envergadura. miniatura|Detalle do pé dun exemplar de museo, que mostra as papilas espiñosas das almofadas das dedas.

A especie foi ás veces considerada a ave de presa verdadeira (accipítrida) máis grande de América do Norte. A única especie rapaz máis grande é o cóndor de California (Gymnogyps californianus), que é un voitre do Novo Mundo que hoxe non se considera xeralmente directamente emparentado cos verdadeiros accipítridos. Porén, a aguia real, que pesa 4,18 kg e ten unha corda alar de 63 cm de longo na súa raza americana (Aquila chrysaetos canadensis), é só 455 g menos pesada como media e supera o pigargo de cabeza branca na lonxitude media da corda alar en 3 cm. Ademais, os parentes máis próximos do pigargo de cabeza branca, que son o pigargo europeo de ás relativamente máis longas pero de cola máis curta, e a especie asiática en conxunto máis grande Haliaeetus pelagicus, poden, en raros casos, viaxar errantes ata as costas de Alasca desde Asia.

O pigargo de cabeza branca ten unha lonxitude corporal de 70–102 cm. A envergadura típica está entre 1,8 e 2,3 m e a masa está normalmente entre 3 e 6,3 kg. As femias son un 25 % máis grandes que os machos, como media de 5,6 kg, fronte á media dos machos de 4,1 kg.

O seu tamaño varía segundo a localidade e xeralmente cumpre a regra de Bergmann: a especie incrementa o seu tamaño canto máis se afasta do ecuador e trópicos. Por exemplo, os exemplares de Carolina do Sur teñen como media 3,27 kg de masa e 1,88 m de envergadura, o que é menos que as poboacións do norte. Unha guía de campo da Florida indica tamaños similares alí desta especie, con 4,13 kg de masa. De tamaño intermedio eran 117 pigargos de cabeza branca migrantes no Parque Nacional dos Glaciares, que pesaban como media 4,22 kg, pero estes eran probablemente exemplares xoves posdispersión, mentres que seis adultos pesados alí tiñan unha media de 4,3 kg. Os exemplares invernantes en Arizona (o peso no inverno adoita ser o maior do ano, xa que, como moitas aves de presa, pasan a maior porcentaxe do tempo buscando comida durante o inverno) eran como media de 4,74 kg.

Os exemplares máis grandes son os de Alasca, onde as femias grandes poden pesar máis de 7 kg e ter unha envergadura de 2,44 m. Un exame de pesos de adultos feito en Alasca mostrou que as femias alí pesaban como media 5,35 kg, e os machos 4,23 kg, fronte unha media nos inmaturos de 5,09 kg nas femias e 4,05 kg nos machos.. Unha femia adulta en Alasca que se considerou moi grande pesou 7,4 kg. R.S. Palmer rexistrou en 1876 no Condado de Wyoming, Nova York un enorme adulto que fora cazado e pesou 8,2 kg. Entre as medidas liñares estándar, a corda alar é de 51,5-69 cm, a cola é de 23-37 cm de longo, e o tarso é de 8 a 11 cm. O culmen está entre 3 e 7,5 cm, mentres que as medidas desde a comisura da boca á punta do bico son de 7-9 cm. O tamaño do bico é máis variable do que adoita ser normal: en Alasca poden ter unha lonxitude do bico ata dúas veces maior que no sur dos Estados Unidos (Xeorxia, Louisiana, Florida), con medias incluíndo ambos os sexos de 6,83 cm e 4,12 cm na lonxitude do culmen, respectivamente, nesas dúas áreas.

A chamada consiste nun débil asubío piador staccato que soa kliik kik ik ik ik, algo similar en cadencia á chamada dunha gaivota. As chamadas dos individuos novos tenden a ser máis ásperas e estridentes que as dos adultos.

Distribución

miniatura|En voo preto de Hawkesville, Canadá. A súa área de distribución natural comprende a maior parte de América do Norte, incluíndo a maioría do Canadá, todos os Estados Unidos continentais e o norte de México. É o único membro do grupo das aguias mariñas endémica de América do Norte. Ocupa hábitats variados desde os bayous de Luisiana ata o deserto de Sonora e os bosques caducifolios do leste de Quebec e Nova Inglaterra, e as poboacións do norte son migratorias, mentres que as do sur son residentes e permanecen no seu territorio de reprodución todo o ano. Cando a poboación chegou ao seu mínimo na década de 1950, estaba restrinxida fundamentalmente a Alasca, as illas Aleutianas, norte e leste do Canadá e a Florida. Desde 1966 a 2015 o seu número incrementouse substancialmente nas súas áreas de distribución de inverno e de reprodución, e en 2018 a especie xa nidificaba en todos os estados continentais e provincias dos Estados Unidos e o Canadá.

A maioría dos exemplares do Canadá atópanse ao longo da costa da Columbia Británica mentres que as poboacións grandes atópanse nos bosques de Alberta, Saskatchewan, Manitoba e Ontario. Tamén se congregan en certos lugares en inverno. Desde novembro ata febreiro, mil ou dous mil exemplares invernan en Squamish, Columna Británica, a medio camiño entre Vancouver e Whistler. En marzo de 2024, atopáronse nidificando en Toronto por primeira vez. Xúntanse principalmente ao longo dos ríos Squamish e Cheakamus, atraídos pola desova do salmón na área. Congregacións similares de exemplares invernantes prodúcense en lagos abertos e ríos do norte dos Estados Unidos, onde os peixes son abundantes para pescalos ou comelos como prea.

A especie rexistrouse como vagante dúas veces en Irlanda; un espécime xove foi cazado ilegalmente no condado de Fermanagh o 11 de xaneiro de 1973 (inicialmente identificárase como un pigargo europeo), e un exemplar novo exhausto foi capturado preto de Castleisland no condado de Kerry o 15 de novembro de 1987. Hai tamén un rexistro en Llyn Coron en Anglesey, Reino Unido o 17 de outubro de 1978; a procedencia deste individuo aínda se discute.

Hábitat miniatura|En voo durante unha exhibición en Ontario, Canadá. miniatura|Durante o adestramento no Canadian Raptor Conservancy.