Demetrio de Magnesia, en latín Demetrius, en grego antigo Δημητριος, foi un gramático grego contemporáneo de Cicerón e Tito Pomponio Ático. Traxectoria Na correspondencia entre Cicerón e Ático, Cicerón fala dun libro, περί ὁμονοιας (Sobre a Concordia), que Demetrio lle deixara a Ático e que quería ler.
Coñécese unha segunda obra súa, á que varios autores adoitan facer referencia, Περί ὁμωνύμων ποιητῶν καί συγγραφέων. Era unha obra de natureza histórica e filolóxica que falaba de poetas e outros escritores que levaban o mesmo nome, unha obra moi importante, que contiña as vidas dos personaxes dos que trataba e un comentario crítico sobre os seus méritos. Dióxenes Laercio, Ateneo de Náucratis, Plutarco e Valerio Harpocracio, entre outros, falan dela ou a empregan25.Demetrius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 969.. Notas
Categoría:Logógrafos Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século -I Categoría:Finados no século -I Categoría:Personalidades de Magnesia na Antigüidade Categoría:Biógrafos Categoría:Gramáticos