James L. Halperin, nado o 31 de outubro de 1952 en Boston, Massachusetts, é un empresario, numismático e autor estadounidense, cofundador da compañía de poxas Heritage Auctions, a de maior volume de vendas dos Estados Unidos en 2024."Jim Halperin". Heritage Auctions (HA.com).
Así e todo, na década de 1980, el e as súas empresas foron investigados por prácticas fraudulentas pola Comisión Federal de Comercio, o que o levou a pagar importantes multas e indemnizacións.Helman, C. (2004). "Top Drawer". Forbes.com. 27 de decembro.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Halperin naceu o 31 de outubro de 1952 en Boston, Massachusetts,Smith, P. (2012). nunha familia de clase media de orixe xudía."Jim Halperin's Speech At The Dallas Business Club". Heritage Auctions (HA.com).
Herdou do seu pai o seu carácter emprendedor e, logo dunha experiencia infrutuosa con tan só 13 anos, que lle xerou unha forte débeda, no verán de 1969, con 16 anos, abriu unha tenda de selos e moedas en Cochituate, Massachusetts, que comezou a ser rendible case de inmediato.
En 1970 graduouse en educación secundaria na Middlesex School de Concord, Massachusetts, e ese mesmo ano inscribiuse na Universidade Harvard, onde iniciou estudos de Psicoloxía e Filosofía, aínda que os abandonou logo de tres semestres para se dedicar a tempo completo ao comercio numismático, para o que fundou a compañía New England Rare Coin Galleries,"Jim Halperin. Top 10". En The Most Influential People in Numismatics. Coin World. 2025. Páxina 11. en Framingham, Massachusetts, que comezou a funcionar en 1972.
Traxectoria profesional En 1976, Halperin creou un fondo de moedas raras para investidores, chamado New England Rare Coin Fund (NERCF),"Halperin on Coins: The Economics of the Stock Market versus Rare Coins in a Y2K Disaster". Professional Coin Grading Service (PCGS.com). 29 de setembro de 1999. que recadou 367.500 dólares para que Halperin investise nese tipo de moedas. O fondo liquidouse con éxito en abril de 1980 mediante unha poxa pública, na que se acadaron 2.158.450 dólares. Cada participante con 15.000 dólares recibiu máis de 69.000 dólares despois de comisións, por un investimento de tres anos, cun beneficio do 360 % suxeito ao imposto sobre as ganancias de capital.Steel, J. (1982). "Deflation cuts rare coin prices, but not intrinsic value". En The Oklahoman. 11 de xaneiro.
En 1982, Halperin vendeulle unha parte de New England Rare Coin Galleries a unha antiga empregada, Dana Willis, e a empresa de Willis crebou en 1987, logo dunha acusación de fraude por parte da Comisión Federal de Comercio, pola sobrevaloración das moedas, que se vendían a prezos inflados. Durante o período en que Willis cometeu a presumible fraude, pagoulle a Halperin arredor dun millón de dólares en concepto de honorarios de consultoría. Halperin devolveu posteriormente parte dese diñeiro e negou a súa participación nas irregularidades de Willis.
En 1982, Halperin asociouse ao 50 % co recoñecido numismático Steve Ivy, que en 1976 fundara Heritage Auctions, e instalouse en Dallas, Texas, onde estaba radicada a compañía. Ambos pasaron a dirixir conxuntamente a empresa a partir de 1983. A asociación resultou frutífera, ata o punto de que era a maior empresa de moedas raras do mundo e a maior casa de poxas estadounidense, cunhas vendas superiores a 1.400 millóns de dólares en 2022 e a 1.800 millóns de dólares en 2024."Total sales of Heritage Auctions worldwide from 2017 to 2024". Statista.comSchultz, A. (2022). "Heritage Auctions Achieves $1.45 Billion in Record Year for Collectibles". Barrons.com. 29 de decembro.
En 1984, Halperin fundou a axencia de clasificación de moedas Numismatic Certification Institute (NCI), que se viu obrigada a pechar en 1989 cando a Comisión Federal de Comercio descubriu que Halperin estaba a outorgar cualificacións infladas ás moedas, polo que estas resultaban sobrevaloradas a máis do dobre do seu valor real e se comercializaban a través dunha empresa apoiada por Heritage Auctions chamada Certified Rare Coin Galleries. Como resultado, Heritage Auctions acordou pagar 1,2 millóns de dólares en concepto de indemnización, aínda que Halperin insistiu sempre en que a maioría das cualificacións que lles outorgou ás moedas naquela época foran válidas.
En 2019, Halperin, xunto con Zac Gieg —fundador e propietario de Just Press Play Video Games— e co coleccionista de videoxogos Rich Lecce, compraron un exemplar da proba do lanzamento ao mercado de Super Mario Bros de Nintendo en 1985, a través de Heritage Auctions, por 100.150 dólares, o que naquel momento supuxo un novo récord mundial nunha poxa para un videoxogo clasificado.Orland, K. (2019). "Why is this copy of Super Mario Bros. worth $100,000? We asked a buyer". Arstechnica.com. 15 de febreiro.
Como autor, Halperin publicou en 1985 un libro sobre a clasificación de moedas no que posteriormente se basearon os estándares dos servizos de clasificación de Professional Coin Grading Service (PCGS) e Numismatic Guaranty Corporation (NGC). Fóra do ámbito numismático, tamén é autor de dúas novelas de ficción futurista, publicadas respectivamente en 1996 e en 1997, que en 2001 foron seleccionados pola revista PC Magazine nunha enquisa realizada aos subscritores do seu boletín informativo en liña entre os 17 mellores libros de ciencia ficción e tecnoloxía dos últimos 20 anos."Original Survey". Pcmag.com. 4 de setembro de 2001.
James L. Halperin tamén financia a Halperin Foundation, unha fundación que apoia organizacións benéficas relacionadas coa saúde, as artes e o ensino. En setembro de 2024, a fundación dooulle 23 millóns de dólares ao I-35 Deck Park, que cambiou o seu nome polo de Halperin Park.Ruby, E. (2024). "Heritage Auctions Co-Founder Claims I-35 Deck Park Naming Rights With $23 Million Donation". En Dallas Observer. 20 de setembro.
Vida persoal James Halperin casou o 5 de agosto de 1984 coa súa esposa Gayle Ziaks, con quen tivo dous fillos: David (nado en 1991) e Michael (1995-2023)."Gayle Halperin and Jim Nugent to be Honored at the 2025 TACA Silver Cup Award Luncheon". Taca-arts.org. 2 de outubro de 2024.
Mentres investigaba para escribir unha das súas novelas, que versa sobre a inmortalidade, Halperin inscribiuse para ser criopreservado."Comment on the book or leave a question for the author". Randomhouse.com. 19 de xaneiro de 1998. Os seus pais tamén se inscribiron, e foron posteriormente criopreservados polo Cryonics Institute en 2014 e en 2020, respectivamente.Hernán Reina, L. . "Criónica, la gélida esperanza de una vida más larga ". App.relatto.com
Recoñecementos
1991: Premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association (ANA)."ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association. 2001: Premio Robert Friedberg, do Professional Numismatists Guild (PNG). 2007: Medalla ao Mérito da ANA."ANA announces 2025 awards". En The E-Sylum. Vol. 28. Nº 30. 2025. 2012: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."The Clemy Award ". Numismatic Literary Guild (NLGonline.org). 2025: Premio Chester L. Krause Memorial, da ANA."American Numismatic Association Bestows Highest Award to Jim Halperin, Adds Modern Numismatists to Hall of Fame". Greysheet.com. 21 de xullo de 2025. 2025: Premio Abe Kosoff Founders Award NLG."Jim Halperin Receives Professional Numismatists Guild's Highest Honor". Greysheet.com. 30 de abril de 2025. 2025: Incluído no Top 10 da lista de persoas máis influentes en numismática, pola revista Coin World.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables publicados por James L. Halperin:
Coleccionismo (1985). How to Grade U.S. Coins: A Step-by-step Guide to the Grading of Uncirculated and Proof Coins. Ivy Press, Dallas. ISBN 978-0933372023 (1986). N.C.I. Grading Guide, a step-by-step approach to the grading of uncirculated and proof coins. Ivy Press, Dallas. ISBN 978-0933372023 (2006). The Coinage of Augustus Saint-Gaudens. Ivy Press, Dallas. ISBN 978-1-59967-058-4 (2023). The Collector's Handbook (con G. J. Rohan). Ivy Press, Dallas. ISBN 978-1-63351-472-0 [15ª ed.; a primeira foi en 2000].
Novela (1996). The Truth Machine. A Novel of Things to Come. Del Rey. ISBN 978-0345410566 (1997). The First Immortal. A Novel Of The Future. Del Rey. ISBN 978-0345421821
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Smith, P. (2012). "Halperin, James L.". En American Numismatic Biographies. Páxina 191.
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Novelistas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Galardoados co premio Robert Friedberg Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Criónica Categoría:Personalidades sen imaxes