Sifi Ghrieb (en ), nado en Tébessa o 20 de xaneiro de 1971, é un político alxeriano que exerce como primeiro ministro de Alxeria desde setembro de 2025.

Traxectoria Estudou Enxeñaría Industrial e Economía, e obtivo un doutoramento en Fisicoquímica de materiais pola Universidade Badji Mokhtar Annaba de Annaba.

Dirixiu varios complexos industriais importantes e empresas estatais, como Sider e Imetal. Tamén foi director xeral da Universidade Industrial dependente do Ministerio de Industria e director xeral do Centro de Formación da Industria do Cemento, afiliado ao Grupo Industrial do Cemento de Alxeria (GICA).

Antes de unirse ao goberno alxeriano, o seu último cargo foi o de presidente do consello de administración da empresa mixta qatarí-alxeriana Algerian Qatari Steel (AQS).

O 19 de novembro de 2024 foi nomeado ministro de Industria no segundo goberno de Nadir Larbaoui, sucedendo no cargo a Ali Aoun.

O 28 de agosto de 2025, foi nomeado primeiro ministro interino tras a destitución de Larbaoui, conservando o seu cargo de ministro de Industria e Produción Farmacéutica. O seu nomeamento foi confirmado o 14 de setembro de 2025 e encargóuselle formar un novo goberno.

Notas

Categoría:Primeiros ministros de Alxeria Categoría:Nados en 1971