3 peniques de latónEduardo VIII (1936)"3 Pence - Edward VIII Pattern". Numista.com120x120px120x120pxA/: Busto espido de Eduardo VIII cara á esquerda, con lenda arredor. Lenda: EDWARDVS VIII D : G : BR : OMN : REX F : D : IND : IMP .R/: Herba de namorar con tres flores. Lenda:· THREE · 19 37 · PENCE · Datas: 1936 (proba non emitida). Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: A/: Thomas Paget. R/: Frances Kitchener. Aliaxe: latón de níquel. Diámetro: 22,00 mm. Peso: 4,50 g. Forma: dodecagonal.

A moeda de 3 peniques de latón foi unha moeda británica de forma dodecagonal con valor equivalente a 1/80 dunha libra esterlina. Cuñada entre 1937 e 1967, cunha derradeira emisión para coleccionistas datada en 1970, foi a primeira moeda británica de forma non redonda.

A mediados da década de 1930, o gran peso da moeda de bronce dun penique e as súas fraccións convertérase nun problema para empresas como as de transporte, que as manexaban en grandes cantidades, e a daquela existente moeda de tres peniques de prata non era moi popular en Inglaterra por mor do seu pequeno tamaño. A Real Casa da Moeda de Londres decidiu daquela cuñar unha moeda nunha aliaxe de cobre e níquel e con doce caras, para que resultase doada de distinguir doutras moedas polo seu tamaño, a súa forma e a súa cor. O deseño inicial do reverso, obra da artista Frances Madge Kitchener, que representaba unha herba de namorar, foi modificado por Percy Metcalfe por orde da Casa da Moeda sen o coñecemento de Kitchener, pero a ameaza desta de emprender accións legais resolveuse cunha declaración conxunta á prensa.

A nova moeda tardou en circular cando se puxo en circulación en 1937, pero finalmente gañou o bo acollemento do público, ata tal punto que a moeda de tres peniques de prata deixou de cuñarse en 1945 e foi substituída por ela.

En 1953 instituíuse un novo deseño, cunha reixa coroada, para a primeira emisión de Isabel II (1952-2022). A moeda seguiu en circulación ata a decimalización da libra en 1971, logo do cal desapareceu axiña da circulación e perdeu a súa condición de moeda de curso legal despois do 31 de agosto de 1971.

Inicio Aínda que na década de 1930 circulaba unha moeda de tres peniques de prata, esta non era moi popular en Inglaterra, e sinaladamente en Londres. O penique e as súas fraccións estaban feitos de bronce e eran moi pesados. A compañía London Transport manexaba, como parte dos seus ingresos por tránsito, 600 toneladas de moedas de bronce ao ano. A solución obvia, reducir o tamaño e o peso das moedas de bronce, resultaba pouco práctica por mor do gran número de máquinas automáticas que funcionaban con peniques e porque cumpriría a cuñaxe de máis de 3.000 millóns de pezas.Peck, C. W. (1960). Páxina 513. A Royal Mint substituíra xa as antigas moedas de cobre, máis pesadas, a partir de 1860, pero esta sería unha tarefa moito maior, xa que as moedas resultantes terían un poder adquisitivo moito menor que tres cuartos de século antes.Johnson, R. (1937). Páxina 15.

Se a moeda de tres peniques de prata tivese resultado máis popular, podería ter aliviado algo da carga que supuñan as moedas de bronce, pero unicamente serviu para cambiar as tres moedas dun penique que pesaban demasiado nos petos ou nos moedeiros por unha moeda pequena que adoito se lles escapaba.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxina 577. A moeda de tres peniques de prata era demasiado delgada e dobrábase con facilidade, o que aumentaba o rexeitamento da poboación."A Brief History of the Brass Threepence". Chard (24carat.co.uk). Así e todo, si que resultou máis popular en Escocia e en Gales, e a súa moeda equivalente para as colonias non achou hostilidade en dominios como Australia e Suráfrica. No entanto, a Royal Mint concluíu que non era quen de popularizar a moeda de tres peniques de prata en Inglaterra e procurou unha solución para o problema.Johnson, R. (1937). Páxinas 1-16.Craig, J. (2010) . Páxina 353.

En febreiro de 1936, a London Transport propuxo a emisión dunha moeda de tres peniques máis práctica, o que coincidía coa opinión da Real Casa da Moeda ao respecto.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxinas 577-578. Logo de estudar a proposta, a Royal Mint decantouse pola emisión dunha moeda de tres peniques meirande, cunhas dimensións intermedias entre o pequeno tamaño da moeda de tres peniques de prata e o gran peso de tres moedas dun penique. A outra restrición para a nova moeda era que non se confundise doadamente con ningunha das moedas existentes, nin por parte das persoas nin polas máquinas automáticas. Xa que logo, debíase distinguir dun xeito doado mesmo por un canfurneiro bébedo na escuridade. Tras considerar unha moeda de metal branco de tamaño intermedio entre o penique e o medio penique, a Real Casa da Moeda decidiuse por unha peza de doce lados de metal amarelo e de tamaño intermedio entre os seis peniques e o xilin.Johnson, R. (1937). Páxinas 16-17. A ceca londiniense rexeitou a idea de London Transport de pór un furado no centro da nova moeda, xa que a devandita peza non podería levar daquela o retrato do monarca, mais considerou favorablemente darlle unha forma distintiva. Ata ese momento, todas as moedas británicas foran redondas.Farmer, R. (2017). Páxina 199.

A aliaxe de latón utilizada para a nova moeda de tres peniques era de 79 % cobre, 20 % cinc e 1 % níquel. Xa se utilizaba unha aliaxe similar, con estaño no canto de níquel, para cuñar moedas coloniais, pero engadiuse níquel para aumentar a dureza, e a aliaxe para as emisións coloniais modificouse tamén de camiño. O uso de 12 lados permitía utilizar discos redondos e darlles forma mediante a maquinaria de cuñaxe durante o proceso de cuñaxe da moeda.Craig, J. (2010) . Páxinas 353-354. A Casa da Moeda considerara tamén a posibilidade dunha moeda co canto festonado, mais esa idea foi rexeitada polo seu Comité Permanente Asesor sobre Moedas, Medallas e Condecoracións por considerala «inestable», e adoptouse a forma de doce lados logo de consultar con casas de moeda estranxeiras que producían moedas que non eran redondas, e tras recibir garantías de London Transport de que unha moeda de doce lados podería utilizarse en máquinas automáticas.Farmer, R. (2017). Páxina 200.

O feito de que a nova moeda tivese doce lados permitiría distinguila ao tacto.Seaby, P. (1985). Páxina 169. Logo de cuñar as primeiras pezas de proba para a súa distribución e o seu ensaio por parte das partes interesadas, a Casa da Moeda recibiu a noticia de que a moeda proposta podía activar algunhas máquinas no canto das moedas de seis peniques ou dun xilin, e como solución a ese problema fíxose máis grosa, demasiado como para pasar pola fenda das outras moedas nas devanditas máquinas. Mesmo co aumento, unha das novas moedas de tres peniques pesaba menos dunha cuarta parte do peso de tres moedas dun penique.

Deseños O anverso inicial, que representaba o rei Eduardo VIII (1936-1936), foi obra de Thomas Humphrei Paget, un escultor que impresionara o rei —daquela aínda príncipe de Gales — un ano antes coa efixie de Eduardo nunha medalla para a Master Mariners' Company, da que Eduardo era presidente.Linecar, H. W. A. (1977). Páxina 130. Cando o rei abdicou inesperadamente en decembro de 1936, moitos dos deseños do reverso das novas moedas estaban moi avanzados, e Paget puido completar unha nova efixie do novo rei, Xurxo VI (1936-1952).Farmer, R. (2017). Páxina 204. Eduardo esixira aparecer ollando cara á esquerda nas súas moedas, do mesmo xeito que o seu pai e predecesor, Xurxo V, infrinxindo así o costume de que os sucesivos monarcas británicos ollasen en direccións opostas nas súas moedas.Farmer, R. (2017). Páxinas 202, 206.

Xurxo VI (1936-1952)"3 Pence - George VI with 'IND:IMP'". Numista.com120x120px120x120pxA/: Busto espido de Xurxo VI cara á esquerda, con lenda arredor. Marca de gravador (HP) Lenda: GEORGIVS VI D : G : BR : OMN : REX F : D?: IND : IMP .R/: Herba de namorar con tres flores. Data Lenda:· THREE · PENCE · Datas: 1937-1948. Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: A/: Thomas Paget. R/: Frances Kitchener. Aliaxe: latón (79% Cu, 20% Zn, 1% Ni). Diámetro: 21,80 mm. Peso: 6,80 g. Espesor: 2.6 mm Forma: dodecagonal.

Para o reverso desta primeira versión da moeda de tres peniques de latón seleccionouse un deseño de Frances Madge Kitchener, sobriña dun coñecido xeneral da primeira guerra mundial. Foi unha das primeiras mulleres artistas en chamar a atención da Real Casa da Moeda de Londres, a través do concurso para deseñar unha placa-medalla para a Exposición do Imperio Británico de 1924."Lot. № 1068". Noonans Mayfair (Noonans.co.uk). 14 de outubro de 2025."Information and research". The Royal Mint Museum Review 2022-2023. Royal Mint Museum. Páxina 7."Great Britain: King Edward VIII brass threepence 1937". Heritage Auctions (Coins.ha.com). O seu deseño, que estaba previsto inicialmente para a moeda de tres peniques de prata,Peck, C. W. (1960). Páxinas 511-512. presentouse en xuño de 1936 —a moeda estaba a redeseñarse para as emisións coa efixie do rei Eduardo— e representaba unha herba de namorar. Pedíuselle entón que reelaborase a súa proposta para que a planta parecese menos delicada, e a Royal Mint tiña dúbidas de que un deseño pensado orixinalmente para unha pequena moeda de prata funcionase ben nunha de latón groso.Farmer, R. (2017). Páxina 206.Worsfold, M. (2000). "Miss Kitchener's Royal Mint designs for a three-penny piece, 1936-7". En Leatherhead & District Local History Society Proceedings. Vol. 6. Nº 4. Páxinas 78-80.

O deseño de Kitchener foi modificado por Percy Metcalfe, deseñador da moeda irlandesa de 1928, cunha representación máis sinxela e heráldica, na que as follas da planta estaban máis claramente estilizadas e cun toque art déco.Linecar, H. W. A. (1977). Páxina 131. Segundo o Museo da Royal Mint, «o momento de triunfo de Kitchener foille arrebatado polo daquela director (Deputy Master) da Real Casa da Moeda (Robert A. Johnson), quen, ás súas costas, lle encargou a outro artista que reelaborase o deseño. Claramente afectada polo incidente, Kitchener desapareceu da escena artística, pero merece máis recoñecemento do que se lle deu ata agora».Worsfold, M. (2000). "Miss Kitchener's Royal Mint designs for a three-penny piece, 1936-7". En Leatherhead & District Local History Society Proceedings. Vol. 6. Nº 4. Páxinas 78-80.

Pedíuselle ao Comité Permanente que elixise entre as dúas versións, e votou por 7 a 4 a favor da de Metcalfe. Así e todo, aínda que se lle enviou a Kitchener un cheque por valor de 50 libras por correo, non se lle informou de que o seu deseño fora modificado, e cando viu que se lle atribuía a Metcalfe o mérito do novo tres peniques na prensa, ameazou á Real Casa da Moeda con emprender accións legais. Esta disputa resolveuse, logo da emisión da moeda, cunha declaración nos xornais; Johnson e Kitchener atribuíron o cambio de deseño a consideracións técnicas relacionadas coa necesidade de facer a moeda máis grosa, algo que non se estaba previsto nun principio.Farmer, R. (2017). Páxinas 207-208."More 3d pieces to be issued". En The Canberra Times. 27 de xullo de 1937. Páxina 18. Isabel II (1952-2022)"3 Pence - Elizabeth II 1st portrait; without 'BRITT:OMN'". Numista.com120x120px120x120pxA/: Busto espido de Isabel II cara á deraita, con lenda arredor. Lenda:+ ELIZABETH · II · DEI · GRATIA · REGINA · F : D :R/: Planta con tres flores. Data. Marca de gravador (WG). Lenda:· THREE · PENCE · Datas: 1954-1970. Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: A/: Mary Gillick. R/: William M. Gardner. Aliaxe: latón (79% Cu, 20% Zn, 1% Ni). Diámetro: 21,74 mm. Peso: 6,80 g. Espesor: 2.6 mm Forma: dodecagonal.