Un metabolito primario é un tipo de metabolito que está directamente implicado no crecemento normal, desenvolvemento e reprodución. Xeralmente realiza unha función fisiolóxica no organismo (por exemplo, unha función intrínseca). Un metabolito primario está normalmente presente en moitas células ou organismos. Tamén se pode referir a un metabolito central, que ten un significado aínda máis restrinxido (presente en calquera célula ou organismo que creza autonomamente). Algúns exemplos comúns de metabolitos primarios son: Clase Exemplos Alcohois Etanol, prenol Aminoácidos Ácido glutámico, ácido aspártico Nucleótidos Guanosín monofosfato Antioxidantes Ácido eritórbico Ácidos orgánicos Ácido acético, ácido láctico Poliois Glicerol Vitaminas Riboflavina, biotina Nótese que os metabolitos primarios non mostran ningunha acción ou efecto farmacolóxicos.

Os reguladores de crecemento das plantas poden clasificarse como metabolitos primarios ou secundarios debido ao seu papel no crecemento e desenvolvemento das plantas. Algúns deles son intermediarios entre o metablismo primario e o secundario.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Antimetabolito Metabolismo Metabolómica — o estudo do perfil global de metabolitos nun sistema (célula, tecido ou organismo) nun determinado conxunto de condicións Metaboloma

Categoría:Metabolismo