Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Roettiers

Joseph Roettiers, nado en Anveres o 1 de agosto de 1635 e finado en París o 11 de setembro de 1703, foi un medallista, deseñador e gravador de moedas de orixe flamenga que estivo activo en Inglaterra e en Francia.

Neste último país ocupou o cargo de gravador xeral de moedas desde 1682 ata a súa morte.

Traxectoria Joseph Roettiers naceu o 1 de agosto de 1635 en Anveres, un dos fillos de Elizabeth Thermés e do tamén recoñecido medallista e ourive flamengo Philippe Roettiers, de quen aprendeu a arte do gravado.Villela-Petit, I. (2015). "Joseph Roettiers". Páxina 209. Dous dos seus irmáns compartiron a súa mesma profesión: John (1631-1703) e Philippe (1640-1718).Forrer, L. (1912). Páxina 174.Bingen, J. (1952).

En 1661 el e o seu irmán John foron invitados a Inglaterra por Carlos II (1660-1685) para traballaren como gravadores na Real Casa da Moeda de Londres,"English Engravers of the Civil Wars". American Numismatic Association (Money.org). e uns anos despois uníuselles tamén Philippe."The Roettiers Family in England". En American Journal of Numismatics. Vol. 33. Nº 3. 1899. Páxinas 75-79. O seu pai prestáralle axuda económica ao monarca inglés durante o seu exilio, e a cambio prometera darlles emprego aos seus fillos."Roettiers". The Coins & History Foundation (Coinsandhistoryfoundation.org). En Londres foi o máis estreito colaborador do seu irmán John, que chegou a ocupar o posto de gravador xefe da Royal Mint.Forrer, L. (1912). "Roettiers (Roettier, or Rotier), John (or Jan)". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol V. Spink & Son, Londres. Páxinas 161-173.

Nun ano incerto da década de 1670 trasladouse a Francia, por invitación do primeiro ministro deste país, Jean-Baptiste Colbert, onde acadou a naturalización en xullo de 1674. Ese mesmo ano ingresou como gravador na Monnaie de París e o 5 de decembro de 1682 foi nomeado gravador xeral de moedas de Francia, como sucesor de François Varin, co que se responsabilizou da dirección do gravado en todas as casas de moeda do país. Ocupou este posto ata a súa morte, e foi sucedido polo seu sobriño Norbert Roettiers."Graveurs Généraux des Monnaies". En Mazerolle, F. (1907). L'Hôtel des monnaies: les batiments, le musée, les ateliers. Renouard, París. Páxinas 173-174. Os seus postos levaban asociada a disposición dun apartamento como a súa residencia nas galerías do Louvre, que ocupou a partir de 1679.

Durante a súa estadía na Royal Mint, Joseph Roettiers colaborou co seu irmán John no gravado das moedas inglesas emitidas a nome de Carlos II (1660-1685). Posteriormente, na Monnaie de Paris foi o deseñador e gravador dos cuños para un bo número das moedas francesas emitidas a nome de Luís XIV (1643-1715)."Joseph Roëttiers". Numista.com

Paralelamente ao seu traballo como deseñador e gravador de moedas, Joseph Roettiers foi tamén creador dunha ampla serie de medallas. As súas creacións amosan, a modo de marca de gravador, as iniciais "R-" ou "J. R.Forrer, L. (1912). Páxinas 175-178. Moitos dos seus traballos forman parte de coleccións como as do Museo Británico."Joseph Roettiers". British Museum (Britishmuseum.org.

miniatura|284x284px|Escudo a nome de Luís XIV (1690)."Ecu with 8 Ls - Louis XIV 1st type". Numista.com En 1694 foi nomeado, con carácter vitalicio, "gravador privado" da Casa da Moeda de París, e posteriormente "primeiro gravador de historia en medallas",Villela-Petit, I. (2015). "Joseph Roettiers". Páxina 210. e foi un dos artistas que máis contribuíu á serie de medallas de Luís XIV, que non se iniciou ata 1680. Neste labor colaborou con outros artistas como Jean Mauger, Henri Roussel ou Michel Molart.Forrer, L. (1912). Páxina 178.

miniatura|284x284px|Dobre Luís de Luís XIV (1702)."Gold Louis with 8 Ls and insignia - Louis XIV". Numista.com.

O 30 de xaneiro de 1683 foi admitido como membro da Academia Real de Pintura e Escultura de Francia, logo de presentar, o 28 de decembro anterior, un retrato de Colbert, que logo se destinou a servir como selo da Academia.

Vida persoal e familiar Joseph Roettiers casou con Elizabeth Nilis, con quen tivo catro fillos e unha filla.Villela-Petit, I. (2015). "Joseph Roettiers". Páxina 214. Destes, o máis vello, Philippe, foi tamén gravador, e Georges ocupou un posto como gravador da Casa da Moeda de París. Esta primeira esposa finou o 16 de outubro de 1680.

O 12 de xuño de 1690 casou en segundas nupcias coa inglesa naturalizada francesa Helen Stonehouse, coa que tivo tres fillos e tres fillas. O cuarto deles foi Joseph Charles Roettiers (1691-1779), que logo do pasamento de Norbert Roettiers se converteu en gravador xeral de moedas de Francia en 1727.

Joseph Roettiers finou en París o 11 de setembro de 1703, e foi soterrado nesa cidade o día seguinte."Roettiers". En Jai, A. (1867). Dictionnaire critique de biographie et d'histoire. Henri Plon, París. Páxinas 1.071-1.073.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bingen, J. (1952). Les Rottiers, graveurs en médaille des Pays-Bas Méridionaux. Palais des Académies, Bruxelas. Burn, J. H. (1841). "Memoir on the Roettiers". En The Numismatic Chronicle. Vol. 3. Royal Numismatic Society. Páxinas 158-189. Forrer, L. (1912). "Roettiers, Joseph". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol V. Spink & Son, Londres. Páxinas 174-178. Villela-Petit, I. (2015). "Documents du Minutier central des notaires de Paris pour servir à l’histoire des Roettiers". En Revue Numismatique. Nº 172. Páxinas 193-228

Outros artigos

Gravador Xeral de Moedas de Francia

Categoría:Nados en 1635 Categoría:Finados en 1703 Categoría:Nados en Anveres Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado