Eurímaco (en grego Εὐρύμαχος, en latín Eurimachus), fillo de Leontíades e neto de Eurímaco. Traxectoria O seu pai foi un comandante tebano na batalla das Termópilas (-480) e pasouse aos persas. Heródoto di que Eurímaco intentou ocupar Platea con cen homes e morreu no asalto. Tucídides di que este evento foi o comezo da Guerra do Peloponeso no -432, pero non nomea a Eurímaco como o comandante dos atacantes (que eran pouco menos de 300). Considerábase que Eurímaco procedía dunha familia con gran poder en Tebas. Notas
categoría:Personalidades de Tebas na Antigüidade Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século -V Categoría:Finados no século -V Categoría:Militares da Grecia antiga