Aleksei Semenovich Chuianov (en ruso: Алексей Семёнович Чуянов), nado en Temriuk (óblast de Kuban, Imperio Ruso) o 30 de marzo de 1905 e finado en Moscova o 20 de febreiro de 1977, foi un político soviético que exerceu como primeiro secretario do Comité Rexional de Stalingrado do Partido Comunista da Unión Soviética desde 1938 ata 1946.

Traxectoria Naceu o 30 de marzo de 1905 en Temriuk, no entón Imperio Ruso. Dende a súa infancia traballou como pastor, agricultor e pescador en Kuban.

En 1925 uniuse ao Partido Comunista da Unión Soviética e exerceu como xefe do Departamento de Axitación e Propaganda. Tamén ocupou o cargos de primeiro secretario en numerosos comités de distrito do Komsomol ata 1927 e nos seguintes anos traballou en diferentes postos. Graduouse no Instituto Químico-Tecnolóxico da Industria da Carne de Moscova en 1937 e tamén traballou brevemente como enxeñeiro mecánico de 1934 a 1936. esquerda|miniatura|251x251px|De esquerda a dereita: o Primeiro Secretario do Partido Comunista de Ucraína Nikita Khrushchev, o Maior Xeneral Alexei Kirichenko, o Primeiro Secretario do Comité Rexional de Stalingrado do Partido Comunista da Unión Soviética Aleksei Chuianov, e o Comandante da Fronte de Stalingrado, o Xeneral Andrei Ieriomenko, en Stalingrado o 1 de decembro de 1942. De 1937 a 1938 traballou como instrutor do Departamento de Traballadores Dirixentes do Partido do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética. Entre o 22 de xuño de 1938 ata o 6 de decembro de 1946 exerceu como primeiro secretario do Comité Rexional de Stalingrado do Partido Comunista da Unión Soviética. O seu traslado a Stalingrado tivo lugar no momento álxido da Gran Purga. El mesmo revisou unha lista de supostos contrarrevolucionarios que foran arrestados polo NKVD local e concluíu que había unha falta de probas contra eles, conseguindo a liberación de todos os acusados. A sección local do NKVD intentou bloquear a liberación, poñéndose en contacto co Comité Central, pero Georgi Malenkov decidiu confiar na decisión de Chuianov.

Ademais serviu como membro candidato do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética de 1939 a 1952 e como deputado do Soviet Supremo da Unión Soviética de 1941 a 1950. Tamén exerceu como presidente do Comité de Defensa da Cidade de Stalingrado de 1941 a 1943 durante a Gran Guerra Patriótica. Foi membro do Consello Militar da Fronte de Stalingrado, da Fronte do Don e da Fronte Sur de 1942 a 1943.

Durante a batalla de Stalingrado, Chuianov ocupouse da retagarda, así como da reorganización da produción para as necesidades da fronte. Coa súa axuda, organizouse claramente o traballo para a produción de tanques T-34 e outros equipos militares, a preparación e o procesamento de produtos agrícolas, así como o traballo das empresas para a reparación de equipos. Baixo o liderado de Chuianov, o Comité Rexional de Stalingrado formou as Milicias Populares, as Unidades de Autodefensa Obreira e elaborou plans para evacuar cidadáns e artigos gobernamentais valiosos de Stalingrado. Tamén organizou xunto a Vasilii Ermasov a disputa do histórico partido de fútbol "nas ruínas de Stalingrado", que enfrontou a un conxunto local nomeado Dinamo de Stalingrado contra o Spartak Moscova.

Despois de exercer como primeiro secretario do Comité de Stalingrado, Chuianov comezou a traballar como xefe da Dirección Principal de Cooperación Industrial e de Consumo no Consello de Ministros da Unión Soviética de 1946 a 1955. De 1955 a 1960, traballou no Comité Estatal de Traballo e Salarios do Consello de Ministros da Unión Soviética.

O 4 de maio de 1970, por decisión do Consello de Deputados Obreiros da Cidade de Volgogrado, Chuianov recibiu o título de Cidadán Honorario da Cidade Heroica de Volgogrado polos "méritos especiais mostrados na defensa da cidade e a derrota das tropas nazis na Batalla de Stalingrado".

Faleceu o 20 de febreiro de 1977 en Moscova e foi enterrado en Mamaiev Kurgan.

Condecoracións Orde de Lenin (Febreiro de 1942) Orde da Revolución de Outubro (28 de marzo de 1975) Bandeira Vermella do Traballo Medalla "Pola Defensa de Stalingrado" Medalla polo "Traballo Valente na Gran Guerra Patria 1941-1945" Cidadán Honorario da Cidade Heroica de Volgogrado (4 de maio de 1970)

Notas

Categoría:Políticos da Unión Soviética Categoría:Finados en 1977 Categoría:Nados en 1905 Categoría:Políticos comunistas