O Proxecto NÓS é unha iniciativa galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia orientada á creación de recursos dixitais e lingüísticos que permitan o desenvolvemento de aplicacións baseadas en intelixencia artificial (IA) e tecnoloxías da linguaxe (TL) en lingua galega. O proxecto ten como finalidade reforzar a presenza do galego no ámbito tecnolóxico e garantir a súa incorporación aos novos servizos e produtos dixitais. O equipo de traballo está integrado por investigadores do CiTIUS e do ILG. En 2024 naceu Carballo, o primeiro modelo lingüístico de intelixencia artificial para o galego.

Obxectivos O obxectivo principal do proxecto é promover a presenza dixital da lingua galega a través de:

A creación de corpus, modelos lingüísticos e ferramentas tecnolóxicas de alta calidade. O apoio ao desenvolvemento de asistentes de voz, sistemas de tradución automática, axentes conversacionais e outras aplicacións baseadas en IA. A través da campaña Doa a túa voz, conserva a túa lingua. A distribución libre e gratuíta dos recursos xerados a institucións, organizacións e empresas que desexen incorporar o galego aos seus produtos.

Notas

Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Intelixencia artificial