A ceca de Turiasu (tamén transcrito como Turiazu), foi unha ceca celtíbera activa a partir do século II a. C., na que se cuñaron moedas de bronce e de prata, inicialmente con metroloxía celtíbero-berona, e activa tamén durante a primeira época romana de Hispania, ata tempos de Tiberio (17-34 d.C.), coñecida daquela como Turiaso."Cecas celtibéricas - Hispania Citerior: Turiasu/Turiazu". Tesorillo.com

Segundo as hipóteses máis aceptadas na comunidade científica estivo situada nunha antiga cidade denominada de xeito homónimo Turiasu, cuxo substrato arqueolóxico se acha baixo o actual municipio de Tarazona, na provincia de Zaragoza."Turiazu / Turiasu". Monedaiberica.org

Época prerromana

miniatura|202x202px|esquerda|O topónimo "Turiasu" ou "Turiazu", tal como aparece nas moedas.

A cidade de Turiasu é poco coñecida, agás polas fontes numismáticas. Sábese, grazas aos autores antigos, que as cuñaxes nesa cidade se iniciaron entre a segunda metade do século II a. C. e os principios do século I a. C.Gómez Barreiro, M. (2005). Páxina 175. Turiasu achábase no ámbito dos lusóns pertencentes ás tribos celtíberas. Este territorio sería coñecido pola súa produción agraria de regadío, polo seu río, o Queiles, e pola súa capacidade metalúrxica.Beltrán Lloris, M. (2004). Páxina 19.

Esta ceca emitiu denarios e quinarios en prata, e unidades e metades en bronce, que repiten a lenda transcrita como Turiasu, de difícil lectura. A tipoloxía das moedas corresponde a unha temática de orde divina e guerreira.Gómez Barreiro, M. (2005). Páxinas 177-245.

A súa dispersión apréciase polos tesouros que chegaron a dúas zonas da Península Ibérica, como son a liña da cornixa cantábrica ao sur dos Pireneos, e amplas zonas situadas ao norte do Douro.Gómez Barreiro, M. (2005). Páxina 179.

Emisións provincias romanas

Emisións baixo Augusto (27 a.C 14 d.C) Arredor do ano 29 a. C., a cidade, coñecida daquela como Turiaso, constituíuse como unha cidade provincial romana. A ceca da cidade alcanzaría a partir dese momento a súa maior produción. O inicio das cuñaxes de moeda provincial romana en Turiaso produciuse con emisións de ases en bronce. O maxistrado monetario que controlou as cuñaxes é anónimo.Ripollès Alegre, P. P. (2010). Páxina 241.

Nos anversos apréciase a lenda SILBIS e unha cabeza feminina laureada que olla cara á dereita. No reverso aparece a lenda TURIASU en escrita ibérica, cun xinete que segundo as emisións olla á dereita ou á esquerda. O xinete adoita erguer a súa man dereita.Ripollès Alegre, P. P. (2010). Páxina 242. Nº 401-402. ​ A cabeza feminina cuñada representaría unha ninfa ou divindade local. Pola súa banda, suponse que a lenda SILBIS puidese ser un apelativo que tamén tiñan outras cidades como Bilbilis, Calagurris ou Dertosa.

A ceca non volveu emitir moeda ata o ano 2 a. C. Cuñáronse ases, en bronce, xunto con semis e cuadrantes. Nas primeiras emisións deste período aínda se observa no anverso unha cabeza feminina que olla á dereita, coa lenda TVRIASO, en tanto que nos reversos aparece a cabeza do emperador Augusto ollando á dereita, coa lenda IMP AVGVSTVS e as iniciais P P correspondentes a Pater Patri.Ripollès Alegre, P. P. (2010). Páxina 243. Nº 403-404.

Máis tarde, noutra serie de emisións, substitúese a cabeza feminina do reverso por unha coroa de carballo que contén a palabra MVN, e debaixo da coroa aparece, normalmente, o topónimo TVRIASO, co que se recoñece o estatuto xurídico da cidade.​Ripollès Alegre, P. P. (2010). Páxina 244. Nº 405-407.

En emisións posteriores ata o 14 d.C., os anversos non se modifican, mais nos reversos aparece o nome da cidade TVRIASO e o dos maxistrados encargados da ceca que cuña esta moeda coa súa maxistratura, IIVIR (os duunviri), dentro da coroa de carballo, no canto de MVN.Ripollès Alegre, P. P. (2010). Páxina 245. Nº 408, 409, 412. Nalgúns ases, diante da palabra TVRIASO áchase a devandita nomenclatura MVN, e o resto é similar aos anteriores.Ripollès Alegre, P. P. (2010). Páxinas 245-246. Nº 410-411.

Emisións baixo Tiberio (17-34 d.C.)

As cuñaxes durante o mandato de Tiberio iniciáronse no ano 14 d. C. con ases en bronce, semis, cuadrantes e sestercios de oricalco, unha aliaxe de cobre, cinc e chumbo.

Nestas emisións, aparece nos anversos a cabeza de Tiberio cara á dereita, coa lenda CAESAR AVG(usti), e prescíndese do título Pater Patriae. Nos reversos, menciónase o estatuto xurídico da cidade (MVN) TVRIASO, xunto co nome do maxistrado, que volve ser un duunvir, IIVIR, dentro da coroa de carballo.Ripollès Alegre, P. P. (2010). Páxinas 246-247. Nº 413a-413c.​ A omisión dalgúns títulos nas cuñaxes deberíase probablemente a un descoñecemento da titularidade dos emperadores na ceca, sobre todo se estes iniciaban mandato.Ripollès Alegre, P. P. (2010). Páxina 242.

O deseño dos semis diferénciase do dos ases na aparición doutra maxistratura no reverso, cuxas iniciais se sitúan no interior da coroa de carballo, AED (os edís), que tamén se encargan do control na cuñaxe doutras moedas da ceca.Ripollès Alegre, P. P. (2010). Páxinas 247-248. Nº 414, 415a, 416. Máis tarde, no reverso, cambiouse a imaxe da coroa de carballo pola dun touro que olla cara á dereita, e segue a aparecer o nome do maxistrado.Ripollès Alegre, P. P. (2010). Páxina 248. Nº 417b.A explicación do touro nas moedas de Turiaso é complexa, e pódese relacionar con intereses das liñaxes imperiais ou con divindades.Gómez Barreiro, M. (2005). Páxina 285.

O sestercio é salientable por presentar no reverso a Augusto divinizado sentado sobre a cadeira curul, ollando cara á esquerda, cun cetro na man esquerda e un raio na dereita, todo rodeado pola lenda MVN TVR / DIVVS AVGVSTVS.Ripollès Alegre, P. P. (2010). Páxina 251. Nº 422.

Cando se produce a fin das cuñaxes baixo o mandato de Tiberio no ano 37 aparecen retratados nas moedas no anverso Tiberio e no reverso Augusto. O primeiro ten a cabeza laureada e o segundo porta a coroa radiada coa lenda DIVVS AVGVSTVS.Ripollès Alegre, P. P. (2010). Páxina 252. Nº 423a.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Beltrán Lloris, M. (2004). ‘‘Las aguas sagradas del Municipio de Turiaso’’. En Caesaraugusta. Nº 76. Páxinas 15-26, 259- 289. Collantes Pérez-Ardá, E. (1997): Historia de las cecas de Hispania Antigua. Tarkis, Madrid. Páxinas 372-374. ISBN 978-8460563617 De Guadán, A. M. (1969). Numismática ibérica e ibero-romana. Instituto Español de Arqueología. Madrid. Domínguez Arranz, A. (1979): Las cecas ibéricas del Valle del Ebro. Deputación de Zaragoza. Páxinas 172-185. ISBN 978-8400043858 García Serrano, J. Á. (2003). "Turiaso-Turiazu. ¿Dónde está la ciudad celtibérica?". En Turiaso 17. Páxinas 121-133. Gil Farrés, O. (1959). Historia de la moneda española. Diana, Madrid. Gómez Barreiro, M. (2005). "La dispersión de las monedas de Caesaraugusta". En XIII Congreso Internacional de Numismática, Madrid 2003. Vol. I. Páxinas 853-860. ISBN 84-8181-264-1 Gozalbes, M. (2002). "La producción de Turiasu: plata frente bronce." En Funció i producció de les seques indígenes. MNAC, Barcelona. Páxinas 125-145. ISBN 978-84-8043-103-3 Gozalbes, M. (2003). "Las monedas de Turiazu". En Turiaso 17. Páxinas 135-153. Gozalbes, M. (2004). "Desarrollo y contexto de las emisiones de Turiazu". En Kalathos: Revista del seminario de arqueología y etnología turolense. 22-23. Páxinas 251-270. Gozalbes, M. (2009). La ceca de Turiazu: Monedas celtibéricas en la Hispania Republicana [Trabajos Varios, nº 110]. Museo de Prehistoria de Valencia. ISBN 978-84-7795-545-0 Mateu i Llopis, F. (1946-a-). La moneda española (breve historia monetaria de España). Alberto Martín, Barcelona. Mateu i Llopis, F. (1946-b-). Glosario hispánico de numismática. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Ripollès Alegre, P. P. (2010). Las acuñaciones provinciales romanas de Hispania. Real Academia de la Historia, Madrid. ISBN 978-84-96849-99-0

Outros artigos

Moeda ibérica antiga Moeda provincial romana

Categoría:Moedas da Idade Antiga Categoría:Casas de moeda de España Categoría:Hispania Categoría:Celtiberia Categoría:Provincia de Zaragoza Categoría:Historia de Aragón