Para outros significados da palabra "cuaternión", véxase Cuaternión (homónimos)
Cuaternión de Augusto "Cuatro áureos (Cuaternión) de Augusto". Museo Arqueológico Nacional (MAN.es).300x300px A/: Cabeza espida de Octavio Augusto cara á dereita. No exergo un Capricornio. Lendas: AVGVST[vs] · CO[n]S[ul] · VII / IMP[erator] · CAESAR · DIVI · F[ilivs]. R/: Hipopótamo en pé camiñando cara á dereita. Lendas: AEGYPTO / CAPTA Data: 27 a.C. Ceca: Sen marca de ceca (Pérgamo?). Material: Ouro Diámetro: 30,00 mm. Peso: 31,97 g.
O cuaternión de Augusto ou cuaternión augustal é unha moeda imperial romana de ouro co valor e o peso de catro áureos, cuñada no ano 27 a.C. a nome de Octavio Augusto, para conmemorar a toma de Exipto por parte de Roma."Cuatro áureos". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Páxina 58.
O único exemplar coñecido desta moeda forma parte da colección do Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid.
Función da emisión Malia estaren integradas no sistema monetario ordinario do Imperio, antetior á reforma do propio Augusto, a emisión de moedas con valores de múltiplos do áureo foi pouco habitual e estivo sempre baseada en intereses alleos ás necesidades da circulación monetaria; a súa misión era máis ben de carácter propagandístico, de ostentación, de representación no ámbito diplomático ou como agasallo a altos funcionarios ou a persoas próximas ao emperador.De las Heras, R. (2009).Martínez Gallego, J. M. (2009).
Caracterización A moeda está cuñada en ouro de moi boa lei e ten un diámetro de 30 milímetros e un peso de 31,97 gramos, equivalente ao de catro áureos.
Anverso No caso co cuaternión de Augusto amósase no anverso un busto atractivo e idealizado do emperador con 36 anos, en gran tamaño e cun forte gravado, co que se pretende personificar nel a puxanza do Imperio durante o seu mandato. Precisamente este estilo coidado fai pensar que a moeda, que carece de marca de ceca, puido ser cuñada nun obradoiro grego de Asia Menor, quizais na contorna de Pérgamo.
Debaixo do busto de Augusto gravouse un pequeno Capricornio, o signo zodiacal baixo o que naceu Octavio Augusto.
As lendas do anverso, AVGUST COS VII IMP CAESAR DIVI F, ademais de faceren mención dos títulos do emperador, dan conta da data de emisión da moeda, correspondente ao seu sétimo consulado (COS VII), é dicir o ano 27 a.C.
Reverso Precisamente nesa data foi proclamado emperador e recibiu o título de Augusto, en conmemoración da conquista de Exipto lograda logo da batalla de Accio en 30 a.C. Esta efeméride represéntase no reverso da moeda, coa lenda AEGYPTO CAPTA ("Exipto conquistada") e a imaxe dun hipopótamo como animal característico do río Nilo.
Rastrexabilidade da peza Coñécense soamente tres moedas de catro áureos cuñadas a nome de Augusto. As outras dúas son de data máis tardía, entre o 2 d.C. e o 4 d.C., e cunha tipoloxía diferente, coa inscrición PATER PATRIAE. Unha delas foi achada en Pompeia en 1759 e consérvase no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles, e da outra descoñécese a procedencia arqueolóxica, e forma parte da colección do Museo Arqueolóxico de Este, en Padua.
A primeira nova que se ten da existencia do coñecido como "cuaternión de Augusto" data do 4 de abril de 1919, cando Gervasio Collar Álvarez a depositou no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid (MAN), co desexo de que esta institución o adquirise. O daquela xefe da sección de Numismática do museo, Ignacio Calvo y Sánchez, realizou as xestións e os trámites oportunos,Cruz Mateos, M. (2019). "Ignacio Calvo y Sánchez (1864-1930)". En 150 años de una profesión: de anticuarios a conservadores. Ministerio de Cultura y Deporte, Madrid. Páxinas 400-413. ISBN 9789200145643 Páxina 405. e a peza foi adquirida por 5.500 pesetas, para pasar a formar parte da colección do MAN, co número de inventario 1921/9/1.
Esta moeda foi unha das que se librou da incautación de moedas de ouro levada a cabo no MAN en novembro de 1936, durante a guerra civil, grazas ao labor realizado por Felip Mateu i Llopis, daquela conservador da sección de Numismática do Museo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 De las Heras, R. (2009). "Cuaternión de Augusto». Museo Arqueológico Nacional (MAN.es). Martínez Gallego, J. M. (2009). "Una pieza única: el quaternion de Augusto". En Panorama Numismático. 6 de agosto de 2009.
Mélida, J. R.; Vives, A. (1921). "Informes sobre el medallón de oro de Augusto". En Boletín de la Real Academia de la Historia, Madrid. VV.AA. (1999). Tesoros del Gabinete Numismático. Las 100 mejores piezas del Monetario del Museo Arqueológico Nacional. Madrid. Museo Arqueológico Nacional, Madrid.
Ligazóns externas
Vídeo: "El cuaternión de Augusto" Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Coleccións do Museo Arqueolóxico Nacional de España