Pedro Yáñez Salgado, chamado Cañón, nado en Manzaneda en 1984, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a lista do PPdeG ás eleccións en Manzaneda e obtivo dous concelleiros, insuficientes para obter a alcaldía. Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura do PPdeG, e de novo obtivo dúas concellerías, insuficientes para a alcaldía. Porén, dous anos máis tarde, en novembro de 2025 o PPdeG presentou unha moción de censura co apoio de dous tránsfugas e ex-edís do PSdeG contra o alcalde Amable Fernández Basalo. O 24 de novembro Pedro Yáñez foi elixido novo alcalde.

Vida persoal Casou en 2023.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Manzaneda Ligazóns externas

Pedro Yáñez asume la alcaldía de Manzaneda con el apoyo de los dos ediles tránsfugas

Categoría:Alcaldes de Manzaneda

Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados en Manzaneda Categoría:Nados en 1984