Herbert Bayer, nado en Haag am Hausruck (Austria) en 1900 e finado en Santa Bárbara (EUA) en 1985, foi un deseñador gráfico, pintor, fotógrafo e arquitecto austríaco. Bayer foi o deseñador publicitario máis innovador da Escola Bauhaus, á que pertencía; o seu traballo destaca pola introdución temperá da fotografía na década de 1920.
Biografía 200px|esquerda|miniatura|O tipo de letra universal experimental de Herbert Bayer de 1925, combinaba maiúsculas e minúsculas nun único conxunto de caracteres. Bayer foi aprendiz do artista George Schmidthammer en Linz. Despois de deixar o obradoiro, interesouse polo manifesto da Bauhaus de Walter Gropius. Tras estudar durante catro anos na Escola Bauhaus, con profesores como Wassily Kandinsky, Paul Klee e László Moholy-Nagy, Gropius nomeou a Bayer director de impresión e publicidade. Influenciado polo minimalismo, Bayer desenvolveu un estilo visual limpo e adoptou unha tipografía sans-serif completamente en minúsculas para todas as publicacións da Bauhaus. De 1925 a 1930, deseñou unha tipografía sans-serif xeométrica e universal, cuxa versión dixital se coñece como «Architype Bayer».
En 1928, Bayer deixou a Escola Bauhaus para converterse en director de arte da oficina de Berlín da revista Vogue. Dez anos despois, fuxindo da Alemaña nazi, trasladouse a Nova York, onde gozou dunha longa e distinguida carreira, destacando en practicamente todos os aspectos das artes gráficas. Xa en 1938, organizou a exposición e o catálogo Bauhaus 1910–1928 no Museo de Arte Moderna (MoMA) de Nova York. miniatura|esquerda|250px|Stadelwand, gouache, 25,4 × 35,4 cm 1936, Centro M. T. Abraham de Artes Visuais. En 1946, contratado polo industrial e visionario Walter Paepcke, Bayer trasladouse de novo, esta vez a Aspen, Colorado, onde Paepcke estaba a tentar promover o esquí como un deporte popular. No campo da arquitectura, Bayer codeseñou o Instituto Aspen e restaurou a Wheeler Opera House; tamén produciu carteis publicitarios que asociaban o esquí co enxeño, a emoción e o glamour. Bayer permaneceu asociado con Aspen ata mediados da década de 1970.
Entre 1946 e 1956, foi asesor artístico da Container Corporation of America e, desde 1966, da Atlantic Richfield Company. En 1959, deseñou o seu "Fonetik Alphabet", un alfabeto fonético para o inglés. Era sans-serif e non tiña maiúsculas. Incluía símbolos especiais para as terminacións -ed, -ory, -ing e -ion, así como para os dígrafos "ch", "sh" e "ng". Un subliñado indicaba a duplicación dunha consoante na ortografía tradicional.
En 1968 preparou a exposición do catálogo dos 50 anos da Bauhaus en Stuttgart. A colección de arte moderna do Museo de Arte de Denver leva o seu nome.
Vida persoal En 1923, Bayer coñeceu á fotógrafa Irene Bayer-Hecht na primeira grande exposición da Bauhaus en Weimar. Casaron en 1925, separáronse en 1928, tiveron unha filla (Julia Alexandra) en 1929, e divorciáronse en 1944.
En 1938, Bayer chegou aos Estados Unidos, onde permaneceu ata a súa morte en 1985. En 1944 casou con Joella Synara Haweis, filla da poeta e artista dadaísta Mina Loy. Ese mesmo ano, converteuse en cidadán estadounidense.
Legado e influencia As obras de Bayer figuran en importantes coleccións privadas e públicas, como a do MIT List Visual Arts Center (Centro de Artes Visuais do MIT). Bayer deseñou o Mill Creek Canyon Earthworks, unha escultura ambiental situada en Kent, Washington.
Premios e recoñecementos Premio de Cultura da Sociedade Alemá de Fotografía (Colonia, 1969) Incluído no Salón da Fama polo Art Directors Club (1975) Foro de Arquitectura da Alta Austria en Linz Doutoramento honoris causa pola Universidade Técnica de Graz (1977) Condecoración austríaca de Ciencias e Artes (1977) Ambassador's Award for Excellence (Londres)
Notas
Categoría:Nados en 1900 Categoría:Nados no estado da Alta Austria Categoría:Finados en 1985 Categoría:Arquitectos dos Estados Unidos de América do século XX Categoría:Bauhaus Categoría:Deseñadores gráficos Categoría:Diáspora austríaca