Manuel Vidal Portela, nado no concello de Cotobade o 17 de agosto de 1903 e finado en Pontevedra o 2 de outubro de 1982, foi un mestre galego. Traxectoria

Fillo de Manuela Portela e de Lino Vidal. Traballou como carpinteiro en Ourense ao tempo que estudou Maxisterio. Militou na Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense entre 1931 e 1934, e mais no Partido Republicano Radical Socialista. Mestre na escola anexa de Ourense, en febreiro de 1939 sufriu expediente de depuración e foi retirado da docencia. En 1942 comezou a dar clase de novo en Ourense, e en 1944 foi destinado a Régoa (Cedeira). Vida persoal

Casou con Concepción Conde Rodríguez en Ourense en 1936. Foron pais de Lino Vidal Conde. Recoñecementos

O CEIP Manuel Vidal Portela de Pontevedra leva o seu nome dende 1992. Até entón foi a anexa da Escola de Maxisterio. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1903

Categoría:Finados en 1982 Categoría:Profesores de Galicia

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes