Benjamin W. Betts, nado en Delaware o 4 de xuño de 1822 e finado en Brooklyn, Nova York, o 2 de outubro de 1908, foi un numismático estadounidense.
Traxectoria Benjamin Betts naceu en Delaware o 4 de xuño de 1822,Smith, P. (2025). fillo de Mary Wollaston (1794-1836) e de Benjamin Betts (1792-1824)."Benjamin W Betts". Familysearch.org
Betts formou parte do grupo de numismáticos que constituíron a American Numismatic Society en 1858. Exereu como o vicepresidente primeiro da entidade entre o 15 de marzo de 1869 e o 24 de marzo de 1879, e a partir desa data presidiu a Sociedade ata o 27 de marzo de 1873."Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society". American Numismatic Society (Numismatics.org)."Obituary. Mr. J. N. T. Levick". En The Numismatist. Nº 21. Páxina 355. A partir dese momento retomou a vicepresidencia primeira e logo a tesouraría, ata que abandonou os cargos na ANS o 19 de marzo de 1889.Adelson, Howard A. (1958). Páxinas 66-81, 348-353. En 1908 foi nomeado presidente de honra da Sociedade.
Betts foi un coleccionista de moedas que chegou a compor unha colección relevante. Esta colección foi vendida na derradeira etapa da súa vida en tres poxas numismáticas, a primeira organizada pola casa Cogan o 1 de xuño de 1871,Cogan, E. (1871). Catalogue of a collection of American, ancient, English & foreign gold, silver and copper coins and medals... Nova York. e as outras dúas o 11 de novembro de 1898Low, L. H. (1898). Catalogue of the valuable and highly interesting collection of coins, medals and tokens, the property of Benjamin Betts, of Brooklyn. Nova York. e o 16 de decembro de 1908,Low, L. H. (1908). Catalogue of coins and medals : the properties of E. Y. Judd, the late Benjamin Betts... Nova York. organizadas pola casa de poxas Lyman H. Low.
Betts foi unha autoridade nas moedae medallas mexicanas, sinaladamente nas medallas de proclamación mexicanas e doutros países de Hispanoamérica, asuntos sobre os que versaron varias das súas publicacións.
Vida persoal Estivo casou o 25 de outubro de 1845 con Morebanna Seal (1824-1899), con quen tivo unha filla, chamada Mary S. Betts.
Benjamin Betts finou o 2 de outubro de 1908 na súa residencia familiar de Brooklyn, Nova York, aos 86 anos.
Publicacións
Escolma de monografías
(1899). Mexican imperial coinage: the medals and coins of Augustine I (Iturbide), Maximilian, the French invasion, and of the republic during the French intervention. Boston. (1900). Some undescribed Spanish-American proclamation pieces. Supplement. Boston. (1907). A descriptive list of the medals relating to John Law and the Mississippi system. Boston.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Adelson, Howard A. (1958). The American Numismatic Society, 1858-1958. American Numismatic Society. Nova York. Smith, P. (2025). "Betts, Benjamin". En American Numismatic Biographies. Páxina 38.
Ligazóns externas Retratos de Benjamin Betts
Categoría:Nados en 1822 Categoría:Finados en 1908 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:American Numismatic Society Categoría:Personalidades sen imaxes