Daniel Parish, nado en Nova York o 30 de abril de 1842 e finado na mesma cidade o 17 de decembro de 1914, foi un numismático estadounidense.
Traxectoria Daniel Parish naceu o 30 de abril de 1842 en Nova York, o máis novo dos nove fillos de Mary Ann Harris (1801-1878) e de Daniel Parish (1796-1880)."Daniel Parish Jr.". Findagrave.com
Daniel Parish estivo moi vinculado durante toda a súa traxectoria como numismático á American Numismatic Society, á que se uniu o 13 de abril de 1865. Ao longo das tres décadas seguintes ocupou diversos cargos directivos nesta entidade: secretario (1865-1866), bibliotecario (1866-1869), vicepresidente segundo (1873-1874 e 1879-1880), vicepresidente primeiro (1870-1873, 1874-1875, 1876-1879, 1880-1884) e, finalmente presidente da entidade, dede o 1 de outubro de 1880 ata o 16 de marzo de 1896, en substitución de Charles Anthon. A partir dese momento volveu exercer a vicepresidencia primeira entre 1905 e 1910."Parish, Daniel, 1842-1914 ". American Numismatic Society (Numismatics.org).
Logo do seu retiro, a ANS nomeouno en 1908 presidente honorario con carácter vitalicio.Smith, P. (2025).Lupia, J. N. "Parish, Jr. Daniel (1842-1914)". NumismaticMall.com"Report of the Council". En The Numismatist. Vol. 28. Nº 1. American Numismatic Association. Páxina 29."Report of the Council". En American Journal of Numismatics, Vol. 48. 1914. American Numismatic Society. Páxina xviii.
En 1910, a ANS emitiu unha medalla na súa honra, con cuños elaborados pola artista Lea Ahlborn, da Real Casa da Moeda de Suecia.Smith, P. (2024). En Personal Tokens and Medals of American Numismatists. Páxina 71.
Parish tamén foi o presidente do comité executivo da Sociedade Histórica de Nova York, unha organización á que tamén estivo vinculado ao longo de tres décadas.
Daniel Parish finou en Nova York o 17 de decembro de 1914, e foi soterrado no cemiterio Green-Wood, en Brooklyn.
Publicacións Entre agosto e outubro de 1866, Parish publicou en American Journal of Numismatics unha serie de colaboracións nas que listou todos os catálogos de poxanumismáticas que naquela época se estaban a celebrar nos Estados Unidos:
(1866). "List of Catalogues of Coins Sales Held in the United States fron 1828 to the Present Times (1828-1860)". En American Journal of Numismatics . Vol. 1. American Numismatic Society. "Part 1: 1828-1860". Nº 4. Agosto. Páxinas 29-30. "Part 2: 1860-1863". Nº 5. Setembro. Páxinas 35-36. "Part 3: 1863-1866". Nº 6. Outubro. Páxinas 43-44. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Adelson, Howard A. (1958). The American Numismatic Society, 1858-1958. American Numismatic Society. Nova York. Smith, P. (2025). "Parish, Daniel, Jr.". En American Numismatic Biographies. Páxina 331.
Ligazón externa
Retratos de Daniel Paris; 1; 2 .
Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:American Numismatic Society Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes