Dolores Hayden, nada en 1945, é historiadora urbana, arquitecta, escritora e poeta estadounidense. É profesora emérita de arquitectura, urbanismo, e estudos americanos na Universidad de Yale. Está considerada como unha das primeiras teóricas do urbanismo feminista.

Obra Dolores Hayden está considerada como unha das primeiras teóricas en planificación e espazos habitados desde a óptica feminista. Nos anos 80 do século XX publica traballos sobre a cidade non sexista The Grand domestic revolution (1980), Redesigning the america dream (1984) e Power of place (1992-2000).

Sobre os seus traballos, a arquitecta e investigadora Anna Bofill sinala:

"Ela fala da historia das utopías do final do século XIX (Seven american utopias. The Architecture of Comunitarian Socialism, 1790 - 1975. Cambridge, Massachussetts: the MIT Press 1976), das feministas que querían que as cociñas, comedores, lavanderías e tarefas de coidado das criaturas fosen espazos comunitarios para liberar ás mulleres das tarefas domésticas (Melusina Fay Peirce, Marie Stevens Howland, Victoria Woodhull, Mary Livermore, Ellen Swallow Richards, Mary Hinman Abel, Mary Kenney O’Sullivan, Henrietta Rodman, Ethel Puffer Howes e Charlotte Perkins Gilman en The Grand Domestic Revolution). Tamén describe as novas necesidades das familias e noutro libro (Power of Place) fala do poder do lugar, do sitio, como representación da memoria histórica da vida protagonizada polas mulleres e as minorías."

Recoñecementos En 2022, foi honrada co Premio Vincent Scully, recoñecemento destacado en arquitectura, conservación histórica e deseño urbano. Ademais, recibiu o Premio Matilde Ucelay, outorgado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana de España, en recoñecemento ao seu incansable labor en prol da igualdade de xénero.

Notas

Categoría:Historia das mulleres Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Nados en 1945