Louis C. West, nado en Milwaukee, Wisconsin, o 15 de outubro de 1882 e finado o 13 de xaneiro de 1972, foi un empresario, arqueólogo e numismático estadounidense que presidiu a American Numismatic Society de 1949 a 1959.
Traxectoria
Louis Caulton West naceu en Milwaukee o 15 de outubro de 1882.Smith, P. (2025).
En 1905 graduouse na Universidade do Noroeste, en Evanston, Illinois, e posteriormente completou os seus estudos cun mestrado na Universidade Harvard en 1912, co arqueólogo George A. Reinser."Louis Caulton West". Predynastic Online Database (Ponda.org).
Durante a primeira guerra mundial serviu no Exército dos EEUU, entre 1918 e 1919. Rematada a contenda, West dedicouse ao mundo da empresa e das finanzas. De 1919 a 1933 foi socio na compañía Hayden Miller & Co.
Como arqueólogo, traballou durante dous anos na Expedición Exipcia Conxunta da Universidade Harvard e do Museo de Belas Artes de Boston (1912-1914). Durante ese tempo, participou en escavacións en sitios arqueolóxicos predinásticos de Naqa el-Hai e en Mesaid.
West foi tamén un coleccionista de moedas e un notable estudoso e investigador en materia numismática. Neste ámbito, estivo moi vinculado á American Numismatic Society, entidade a cuxo consello de administración accedeu en 1943. Alí ocupou diversos cargos, como o de vicepresidente primeiro do 11 de xaneiro de 1947 ao 15 de xaneiro de 1949,"Vice-Presidents of the American Numismatic Society ". American Numismatic society (Numismatics.org). e a partir desa data o de presidente, que exerceu durante unha década, ata 1959."Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society ". American Numismatic Society (Numismatics.org).Adelson, Howard A. (1958). Páxinas 348-351, 365-368. 372-373.
West foi tamén profesor asociado de Cultura Clásica na Universidade de Princeton, e a partir de 1944 foi tamén conservador de moedas e medallas na biblioteca desa universidade.Adelson, Howard A. (1958). Páxina 293.
Vida persoal Louis C. West casou o 13 de novembro de 1920 con Francis Bragdon (1886-1957), con quen tivo unha filla chamada Barbara."Bragdon, Sara Frances, 1886-1957 ". Archival and Manuscript Collections. Northwestern University (Northwestern.edu).
West finou o 13 de xaneiro de 1972, aos 89 anos.
Publicacións
Escolma de artigos
(1916). "The Cost of Living in Roman Egypt". En Classical Philology. Vol. 11. Nº 3. Páxinas 293-314. (1917). "Phases of Commercial Life in Roman Egypt". En The Journal of Roman Studies. Vol. 7. Páxinas 45-58. (1918). "Dongola Province of the Anglo-Egyptian Sudan". En Geographical Review. Vol. 5. Nº 1. Páxinas 22-37. (1924). "Commercial Syria under the Roman Empire". En Transactions and Proceedings of the American Philological Association. Vol. 55. Páxinas 159-189. (1932). "The Economic Collapse of the Roman Empire". En The Classical Journal. Vol. 28. Nº 2. Páxinas 96-106. (1939). "Notes on Diocletian's Edict". En Classical Philology. Vol. 34. Nº 3. Páxinas 239-245. (1941). "The Roman Gold Standard and the Ancient Sources". En The American Journal of Philology. Vol. 62. Nº 3. Páxinas 289-301. (1945). "Determination of Roman Gold Coin Stardards by Use of the Carat". En Museum Notes. American Numismatic Society. Vol. 1. Páxinas 59-63. (1949). "Imperial Publicity on Coins of the Roman Emperors". En The Classical Journal. Vol. 45. Nº 1. Páxinas 19-26. (1954). "Ancient Money and Modern Commentators". En Museum Notes. American Numismatic Society. Vol. 6. Páxinas 1-9.
Escolma de monografías (1929). Imperial Roman Spain, the Objects of Trade. B. Blackwell, Oxford.Recensión do libro en The Journal of Roman Studies. Vol. 21. Páxinas 157-158. (1931). Roman Britain: the Objects of Trade. B. Blackwell, Oxford.Recensión do libro en Greece & Rome. Vol. 5. Nº 13. Páxina 61. (1935). Roman Gaul; the Objects of Trade. B. Blackwell, Oxford.Recensión do libro en Greece & Rome. Vol. 5. Nº 13. Páxina 61. (1941). Gold and Silver Coin Standards in the Roman Empire. American Numismatic Society, Nova York.Recensión do libro en Classical Philology. Vol. 38. No. 4. Páxina 275. (1944). Currency in Roman and Byzantine Egypt (con A. C. Johnson). Princeton University Press.Recensión do libro en Classical Philology. Vol. 43. No. 1. Páxinas 61-63. (1949). Byzantine Egypt: economic studies (con A. C. Johnson). Princeton University Press.Recensión do libro en Byzantion. Vol. 21. Nº 1. Páxinas 201-222.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Adelson, Howard A. (1958). The American Numismatic Society, 1858-1958. American Numismatic Society. Nova York. Smith, P. (2025). "West, Louis C(aulton)". En American Numismatic Biographies. Páxina 445.
Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Nados en Milwaukee, Wisconsin Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade do Noroeste Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade de Princeton Categoría:Coleccionistas Categoría:American Numismatic Society Categoría:Personalidades sen imaxes