A educación secundaria obrigatoriaVéxase no DRAG o apartado de «frases e expresión» da entrada secundario. (ESO) é o nivel educativo en ensino medio en España, obrigado dende a implantación da LOGSE a comezos dos anos noventa.

Características A educación secundaria obrigatoria consta de catro subniveis agrupados en dous ciclos: 1º ciclo: 1º, 2º e 3º da ESO 2º ciclo: 4º da ESO

A idade do alumnado da ESO é a partir dos 12 anos en diante. O 1º e 2º cursos da ESO corresponden ao 7º e 8º da antiga Educación Xeral Básica (EXB) e o 3º e 4º cursos da ESO corresponden a 1º e 2º do anterior Bacharelato Unificado Polivalente (BUP).

A entrada na ESO prodúcese a partir da educación primaria, e a saída, cara ó mundo do traballo, programas de formación profesional básica, ciclos de formación profesional ou bacharelato, posibilidades presentes en función dos resultados acadados.

Notas

Categoría:Ensino secundario