Arthur Stone Dewing, nado en Boston, Massachusetts, o 16 de abril de 1880 e finado na mesma cidade o 20 de xaneiro de 1971, foi un empresario, profesor, autor e numismático estadounidense que presidiu a American Numismatic Society de 1947 a 1949.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Arthur S. Dewing naceu en Boston o 16 de abril de 1880,Vermeule, C. (1971). Páxina 165.Smith, P. (2025). fillo de Eliza Williams Stone Paine (1848-1911) e de Charles Hamlet Dewing (1834-1917)."Arthur Stone Dewing". Familysearch.org

Dewing acadou en 1902 o título de Bachelor of Arts na Universidade Harvard. Na mesma universidade cursou un mestrado en 1903 e finalmente obtivo o seu doutoramento en 1905."Arthur S. Dewing of Harvard Dead". En The New York Times. 22 de xaneiro de 1971. Posteriormente, fixo estudos de posgrao en Alemaña, na Universidade de Múnic.

Carreira profesional Desde 1902, o mesmo ano da súa graduación, ensinou Filosofía en Harvard ata 1911, e Contabilidade de 1911 a 1912. Logo foi profesor asistente de Economía de 1920 a 1922 e de Finanzas de 1922 a 1927, e finalmente profesor titular desta materia de 1927 a 1933.Collier, I. (2026). "Harvard. Economics of Corporations. Dewing and Opie, 1929". Irwincollier.com Tamén foi un dos fundadores da Escola de Negocios de Harvard.

Nun artigo de prensa foi cualificado como «o profesor máis querido da Escola de Negocios da Universidade de Harvard». Dewing foi un especialista en práctica societaria, e formulou un método de estudo de caso nesa escola de negocios.

Á marxe da súa actividade académica, Dewing formou parte do consello de administración de varias empresas de auga, gas e electricidade, así como dunha empresa de investimento e inmobiliaria, nalgúns casos asumindo a presidencia. Tamén foi director de The Keene Sentinel Publishing Company.

Numismática e arqueoloxía Dewing foi tamén coleccionista de moedas e un destacado estudoso e investigador en materia numismática. Iniciou a súa colección excepcional de moedas da antiga Grecia nas súas primeiras viaxes a Grecia na década de 1930, e logo foina nutrindo ao longo dos anos con importantes adquisicións. Logo do seu pasamento, a colección pasou a ser propiedade da Fundación Dewing de Numismática Grega,"Dewing Greek Numismatic Foundation". Grantable.co e unha mostra dos seus fondos foi cedida ao Museo Fogg,"Dewing". Harvardartmuseums.org da Universidade de Harvard.Mildenberg, L.; Hurter, S. (1985).Vermeule, C. (1971). Páxinas 166-167.

Naquelas primeiras viaxes a Grecia comezou tamén a coleccionar obxectos como vasos gregos, urnas xeométricas, aryballoi corintios e lekythoi áticos, que foi ampliando tamén noutras viaxes posteriores e con adquisicións ao longo da súa vida. Algunhas partes desta colección consérvanse no Wheaton College, no Museo Fogg e no Museo de Belas Artes de Boston.Vermeule, C. (1971). Páxina 166.

Como numismático estivo vinculado á American Numismatic Society (ANS), unha entidade a cuxo consello de administración pertenceu desde 1942 e na que ocupou os cargos de vicepresidente terceiro, do 15 de xaneiro de 1944 ao 12 de xaneiro de 1946,"Vice-Presidents of the American Numismatic Society ". American Numismatic society (Numismatics.org). e de presidente, do 11 de xaneiro de 1947 ao 15 de xaneiro de 1949."Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society ". American Numismatic Society (Numismatics.org).Adelson, Howard A. (1958). Páxinas 348, 351, 365-368.

Tamén foi membro da Royal Numismatic Society, de Londres, presidiu a Sociedade para a Preservación das Antigüidades de Nova Inglaterra e o 13 de maio de 1948 foi elixido membro residente da Sociedade Histórica de Massachusetts, de cuxa colección de moedas foi tamén conservador.Vermeule, C. (1971). Páxina 167. Durante anos foi membro do consello de administración do Archaeological Institute of America.

Vida persoal Dening casou o 3 de xuño de 1910 coa filósofa Frances Hall Rousmaniere (1876-1964), con quen tivo tres fillas, chamadas Mary Stone, Abigail Starr e Ruth Rousmaniere Dewing.

Arthur S. Dewing finou no Hospital Xeral de Massachusetts, en Boston o 20 de xaneiro de 1971, aos 90 anos, e foi soterrado en Newton Lower Falls, Newton, Middlesex, Massachusetts.

Publicacións

Escolma de monografías (1903). Introduction to the history of modern philosophy. J. B. Lippincott, Filadelfia e Londres. (1919). The theory of railroad reorganization. American Economic Review. (1934). A Study of Corporation Securities. Ronald Press, Nova York. (1909). National note-book sheets for laboratory work in chemistry. L. E. Knott Apparatus Company, Boston. (1910). Life as reality; a philosophical essay. Longmans, Green, and Co. (1913). A history of the National Cordage Company. Harvard University Press, Cambridge. (1914). Corporate promotions and reorganizations. Harvard University Press. (1915). Public service corporation securities. Marshall & Co., Boston. (1920). The financial policy of corporations. Ronald Press, Nova York. Vol. I: Corporate Securities. Vol. II: Promotion. Vol. III: The Administration of Income. Vol. IV: Expansion. Vol. V: Failure and Reorganization. (1922). Corporation finance; a textbook for colleges and schools of business administration. The Ronald Press Company.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Adelson, Howard A. (1958). The American Numismatic Society, 1858-1958. American Numismatic Society. Nova York. Mildenberg, L.; Hurter, S. (1985). The Arthur S. Dewing Collection of Greek Coins. American Numismatic Society, Nova York [ver aquí as láminas de imaxes]. ISBN 9780897222068 Smith, P. (2025). "Dewing, Arthur Stone". En American Numismatic Biographies. Páxina 116. Vermeule, C. (1971). "Arthur Stone Dewing". Proceedings of the Massachusetts Historical Society. 83. Páxinas 165-167.

Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Nados en Milwaukee, Wisconsin Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:American Numismatic Society Categoría:Royal Numismatic Society Categoría:Personalidades sen imaxes