O Tesouro de Walkington é un tesouro de máis dun cento de estateros de ouro coritanos, da Idade de Ferro británica. Este tesouro apareceu dun xeito moi disperso, coa axuda de detectores de metais, ao longo dunha década."IARCH-212957 ". Portable Antiquities Scheme (Finds.org.uk).

Achado A primeira parte do tesouro descubriuse en novembro de 1999 e consistía en once moedas. Os lotes posteriores atopáronse en: setembro-outubro de 2000 (35 moedas), 2001 (21 moedas), 2002 (13 moedas), agosto-setembro de 2003 (18 moedas), 2005 (dous lotes de seis moedas e de tres moedas), outubro de 2007 (tres moedas) e 2008 (seis moedas). Ata ese momento descubríronse polo menos 116 moedas.

Conservación Os dous primeiros grupos de moedas, é dicir, os de 11 moedas de 1999 e de 35 moedas de 2000, foron adquiridos polo Consello de East Riding of Yorkshire e expuxéronse en Sewerby Hall. O grupo de 35 moedas foi adquirido por un custo de 13.500 libras esterlinas."£13,500 secures hoard of gold coins for county". En Yorkshire Post. 8 de novembro de 2001. Pola súa banda, o grupo de 18 moedas de 2003 foi adquirido polo Museo de Yorkshire."Collection Item: Walkington Hoard". York Museums Trust. Retrieved (Yorkmuseumstrust.org.uk).

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Tesouro

Ligazóns externas

Yorkshire Hoards: The Walkington Hoard

Categoría:Tesouros Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Moedas da Idade Antiga Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas de prata Categoría:Guerra Civil Inglesa