Lucía Lucha García de la Llave, nada en Madrid o 10 de agosto de 1891 e finada en Ourense o 10 de decembro de 1978, foi unha mestra e inspectora española.
Traxectoria
Comezou os estudos de maxisterio en 1913 e rematounos en 1917. Aprobou as oposicións en 1918 e foi destinada a Nava de la Asunción. En 1921 pasou a Fuentepelayo por consorte. Despois foi mestra en Madrid. En 1925 concedéronlle unha pensión para ampliación de estudos da Deputación de Segovia. Pensión que repetiu en 1927 e 1929. En 1931 foi destinada a escola de Bétera por consorte, e regresou a Segovia en 1934, exercendo en Tirso de Molina. Aprobou as oposicións a inspección, e tomou posesión como inspectora de Primeiro Ensino de Ourense o 1 de xaneiro de 1935.Galicia, 29-12-1934, p. 5. Foi inspectora da zona de Bande.La Región, 17-1-1935, p. 3. En outubro de 1936 pasou a ser inspectora da zona de Ribadavia.La Región, 4-10-1936, p. 3. En 1937 foi nomeada secretaria de inspectores. Despois foi inspectora da zona de Xinzo de Limia. Xubilouse en 1961. Vida persoal
Casou o 29 de outubro de 1921 co tamén mestre Juan Monje Cebrián e foi nai de María del Pilar Monje Lucha, que finou o 29 de agosto de 1949.Necrolóxica en La Región, 25-3-1954, p. 2. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Lucía Lucha García de la Llave en Historia das nosas mulleres ourensás. Lucía Lucha García de la Llave en Docentes muy significados en la innovación pedagógica segoviana.
Categoría:Profesores de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1978