Xerardo é un nome propio masculino galego. A súa orixe é xermánica e procedencia francesa, documentado nos textos galegos dende o século XIV. Componse das raíces góticas *ger ‘lanza’ e hardus ‘duro, forte’. É un nome semellante a outro máis tradicional en galego, Xiraldo.
En xaneiro de 2023 existían 12 varóns en Galicia co nome Xerardo, cunha media de idade de 48,4 anos.Xerardo na Web do Instituto Galego de Estatística.
Variantes noutras linguas Alemán: Gerhard Aragonés: Guiral / Guirau / CherardoEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Catalán: Gerard Castelán: Gerardo Francés: Gérard Inglés: Gerard Italiano: Gerardo Portugués: Gerardo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe xermánica Categoría:Nomes masculinos galegos