Mayhem é o oitavo álbum de estudio da cantante estadounidense Lady Gaga, publicado o 7 de marzo de 2025 pola Interscope Records. O álbum sucede á banda sonora Joker: Folie à Deux (2024) e supón un retorno ao pop electrónico con influencias de música dance e industrial. Mayhem recibiu críticas maioritariamente positivas, destacándose a súa produción e os seus contidos sonoros e temáticos escuros.

No seu lanzamento, o álbum estreouse no número 1 da lista Billboard 200 nos Estados Unidos, con 219 000 unidades equivalentes nas súas primeiras sete días, incluíndo 136 000 en vendas puras e 108,05 millóns de reproducións en servizos de streaming — o que supuxo a maior semana de reproducións de Gaga ata a data e a maior semana de vendas para unha muller en 2025.

Sinxelos Die with a Smile (16 de agosto de 2024) Disease (25 de outubro de 2024) Abracadabra (3 de febreiro de 2025) The Dead Dance (3 de setembro de 2025)

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums musicais de 2025 Categoría:Álbums de Lady Gaga Categoría:Álbums de Interscope Records