O aeródromo do Reboredo foi un aeródromo militar situado no concello de Monforte de Lemos. Tamén chamado aeródromo Loriga. Houbo múltiples aterraxes xa desde 1927 e converteuse en punto de acceso a Galicia de varias expedicións aéreas militares a comezos dos anos trinta. En 1928, o concello cedeu terras para que se construíse un campo de aviación. Os terreos revertéronse ao concello en 1971 ao abandonarse o aeródromo. Hoxe en día aséntase un polígono industrial no seu lugar.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aeroportos de Galicia
Reboredo Categoría:Monforte de Lemos