Xosé Manuel Rodríguez Alonso, coñecido polo nome artístico de Xosé Poldras, nado na Coruña en 1969, é un artista no campo da obra múltiple e docente galego.

Traxectoria Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, licenciado pola Universidade de Salamanca. Recibiu unha bolsa Erasmus de doutoramento en ‘s-Hertogenbosch. Workshop de arte contemporánea na Bienal de Maastricht 93 con Juan Muñoz e Workshop con Auke de Vries; Cursos de gravado en Augatinta en Lugo e no Museo de Gravado de Fundartes, con José Fuentes, en Ribeira. Profesor de debuxo no ensino público. Dende 1989, expón a súa obra, principalmente no ámbito do gravado co enfoque contemporáneo que corresponde a unha disciplina de obra múltiple, aínda que tamén desenvolve traballos noutros xéneros artísticos. Ao longo da súa carreira, dirixiu numerosos obradoiros de creación en disciplinas como o debuxo, gravado, fotografía, ilustración e poesía visual. A súa obra está presente en coleccións como as da Biblioteca Nacional de España ou o Museo Majdanek en Polonia, e forma parte de exposicións permanentes no Museo do Viño de Galicia e no Museo Etnográfico de Ribadavia, entre outros. As súas exposicións estendéronse por Galicia, España e a nivel internacional.

Exposicións e obras Ten realizado exposicións en numerosas cidades como Ourense, Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Salamanca, Barcelona, Pamplona, Madrid, Oporto e Vilanova de Cerveira, Portugal; Liège, Bélxica; Spilimbergo, Italia; Bages, Francia e o Wingfield College Yard, Inglaterra.

A súa obra está presente nas coleccións de artes plásticas da Biblioteca Nacional de España; Arte de Nuestra América, La Habana, Cuba; museo Majdanek, Lublin, Polonia; embaixada de Taiwan en España, Universidade de Vigo; Museo do Viño Vivanco, Briones, A Rioxa. Deputación da Coruña e a Deputación de Ourense; Museo Municipal de Ourense; Casa dos poetas de Celanova; Museo Etnolóxico de Ribadavia; Centro de Artesanía da Deputación de Lugo.

Carpetas de gravados Traballar cansa (Catro gravados e a reprodución do poema homónimo Cesare Pavese, na versión galega de Moisés Barcia). Uva (Carpeta adicada ao viño e os labores da colleita, con sete gravados e un texto breve). Soños da morada aberta (Con relatos breves de Eloy Hervella). Luva negra (Con poemas de Alicia López). O neno preguntaba (Catro gravados para O neno preguntaba de Celso Emilio Ferreiro). Nós (Oito gravados adicados á Xeración Nós no seu centenario). Al burro muerto (Carpeta composta por un díptico a unha cor, un gofrado e a versión galega do poema nº1 do libro “Al burro muerto” de Agustín García Calvo traducido ao galego por Carmen Blanco Pardal). Caprichos espidos (Os 80 Caprichos de Goya debuxados na súa composición orixinal despoxados de toda vestimenta para facer unha análise anatómica das deformidades dos personaxes. Cada imaxe cun novo título extraído do Gilgamesh e traducidos ao castelán e ao inglés). Epicuro e uns epitafios de Bounaoti (Tres poemas de Miguel Anxo Buonarroti e tres gravados máis unha introdución, para comparar os tres epitafios pagáns do artista coas ideas epicureistas recollidas por Lucrecio sobre a relixión no libro “De rerum natura” que tanto influíu no Renacemento). Gana de simetrías (Dúas xilografías que reflexionan sobre o clima, acompañadas dos versos 332-375 de Antígona, Sófocles, traducidos por Ana Gloria Rodríguez Alonso, e un texto sobre o cambio climático no bosque Ridimoas de Pablo Rodríguez Fernández). Apertas á chuvia (Dúas colografías con gofrado e intervención a man, segunda parte de Gana de simetría, que igualmente reflexionan sobre o clima, acompañadas de dous poemas de William Blake, traducidos por Conchi da Silva, e a descrición do rebentón hídrico de Ourense en 2021). As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Carlos Casares (O tema é a obra de teatro infantil coa que Carlos Casares abriu un camiño na literatura contemporánea galega. Tres gravados inspirados en tres momentos da peza teatral. O texto científico, cheo de sensibilidade e beleza está a cargo de Ángel Cid do Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo). Nubes e textos (Gravados ao redor de “El cuento de nunca acabar” da escritora Carmen Martín Gaite). Contaaluz (Carpeta composta por tres gravados inspirados nos estudos Eadwead Muybridge sobre a imaxe en movemento, un preludio coa tradución ao galego da primeira patente do cinematógrafo Lumière e dous textos de David González Couso e Valentín Barreiros Bermejo referentes á Sétima Arte).

Libros e catálogos (colaboracións)

Eneida de Xoán Fuentes Castro (Ilustración portada). Toxosoutos. 2013. ISBN 978-8415400776. Cantares gallegos de Rosalía de Castro (Ilustración). Deputación de Lugo. 2014. Chorimas para Celso Emilio Ferreiro: Un memorial: 1979-2019 de Ramón Nicolás (Participación). Parlamento de Galicia. 2020. ISBN 978-84-7836-125-0. Cartas de Alcifrón de Ana Gloria Rodríguez Alonso (Ilustracións libro). Rinoceronte. 2023. ISBN 978-84-17388-98-0. El rastro del verano de David González Couso (Trazado dos mapas). Procompal Publicaciones. 2020. ISBN 978-84-9881-624-2. Mecenas revista literaria nº2 (Ilustración de portada e artigos). 2024. Materia Conductora, catálogo de escultura de Raquel Figueiras curado por Marta García (Texto para o catálogo). 2025. Caderno de verán de Valentín Barreiros Bermejo (Ilustracións libro). Duvave/Saurobuks. 2026. p. 80. ISBN 978-84-09-81057-4.

Premios e certames Certame Nacional de Pintura Caja Rural de Salamanca (1989). Miniprint no Wingfield College Yard, Inglaterra; Bages, Francia e Cadaqués, España (2002). Certame de Grabado Internacional Dinastía Vivanco. Briones, A Rioxa (2009). II Premio de Grabado Internacional Dinastía Vivanco. Briones, A Rioxa (2010)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do autor Biografía en Galegos (Galicia Dixital)

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1969 Categoría:Artistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca