As fakafifine son persoas de Niue que foron asignadas como homes ao nacer pero que teñen unha expresión de xénero feminino. En Niue isto enténdese como un terceiro xénero, culturalmente específico do país.

Etimoloxía O termo provén do niueano e está composto polo prefixo faka- (ao xeito de) e o sufixo -fifine (muller) e defínese no Niue Language Dictionary como "comportarse como unha muller" ou "ser efeminado". Un termo relacionado é fakataane, que significa "comportarse como un home".

O termo fakafifine está incluído no acrónimo MVPFAFF+ (māhū, vakasalewalewa, palopa, fa'afafine, akava'ine, fakaleitī ou leiti, fakafifine e outros), acuñado por Phylesha Brown-Acton, para "mellorar a concienciación sobre a diversidade de xénero no Pacífico ademais do termo LGBTQI".

Fakafifine destacadas Phylesha Brown-Acton (nada en 1976), activista polos dereitos humanos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Fa'afafine Fakaleitī Māhū

Categoría:Niue Categoría:Terceiro xénero Categoría:LGBTIQ+