Let's Go Eat the Factory é o décimo sexto álbum de estudio da banda estadounidese de indie rock Guided by Voices, publicado dixitalmente o 20 de decembro de 2011 a través da iTunes Store. O 1 de xaneiro de 2012 foi lanzado por correo e finalmente publicado ao público en formato físico o 24 de xaneiro de 2012. O disco é o primeiro desde a súa disolución en 2004 e o primeiro en presentar a formación clásica da banda dende Under the Bushes Under the Stars de 1996. O álbum foi producido pola banda e gravado nas casas dos membros Tobin Sprout, Mitch Mitchell e Greg Demos. Do mesmo xeito que os traballos anteriores, presenta o famoso son de 4 pistas lo-fi da banda, así como unha produción máis moderna. Tamén é o primeiro álbum de Guided by Voices que se publica baixo o selo Guided by Voices, Inc.
O álbum estreouse no número 17 da lista Top Heatseekers da Billboard e no 24 da lista Tastemaker Albums. Finalmente chegou ao 8 de Heatseekers, ao 5 da Tastemaker Albums e ao 35 da lista Top Independent Albums, tamén de Billboard.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Guided by Voices Categoría:Álbums musicais de 2011 Categoría:Álbums de Fire Records