VRSS-2 (Venezuelan Remote Sensing Satellite-2), coñecido tamén como Antonio José de Sucre ou Satélite Sucre, foi o segundo satélite artificial de observación terrestre de Venezuela tras VRSS-1. Foi lanzado o 9 de outubro de 2017 mediante un foguete CZ-2D desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan para estudar a superficie terrestre.
Características VRSS-2 foi construído por China Great Wall Industry Cooperation (CGWIC), unha subsidiaria da Corporación China de Tecnoloxía e Ciencias Aeroespaciais (CASC pola súa sigla en inglés), tras un contrato firmado o 2014 en Caracas polo Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía e Industrias Intermedias venezolano. O satélite baseábase no bus CAST2000 da Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST) e levaba a bordo unha cámara pancromática cunha resolución de 1 m e unha multiespectral con resolución de 4 m. Levaba tamén sensores infravermellos con resolucións de 30 e 60 m. Tiña unha masa de 1000 kg e o seu obxectivo era axudar na planificación urbana e agrícola, monitorizar recursos agrícolas, xestionar os recursos naturais, axudar a vixiar as fronteiras e xestionar desastres naturais.
Notas
Véxase tamén Outros artigos VRSS-1 CZ-2D CAST2000
Ligazóns externas Páxina oficial de VRSS-2
Categoría:Satélites artificiais