Pedrafita do Cebreiro (do latín petra ficta, 'pedra chantada' e cebro, 'asno montés') é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 1.032 habitantes (563 homes e 469 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».

Xeografía Atópase na zona montañosa do leste da provincia de Lugo, no límite coa provincia de León, en plena serra dos Ancares. Cunha altitude de 1.098 metros na capital municipal, é o concello máis alto da provincia e tamén de toda Galicia. Os principais picos son O Faro (1.615 m), Muralla (1.480 m), Area (1.402 m) e Carballeda (1.392 m). No concello nacen os ríos Navia e Lor.

Limita ao norte con Cervantes e As Nogais, ao oeste con Triacastela e Samos, ao sur con Folgoso do Courel e ao leste cos concellos leoneses de Barxas e A Veiga de Valcarce.

Demografía

Censo total 1.032 (2018) Menores de 15 anos 38 (3.68 %) Entre 15 e 64 anos 557 (53.97 %) Maiores de 65 anos 437 (42.34 %)

Cultura Toponimia Pedrafita do Cebreiro procede do latín petra ficta, 'pedra cravada, miliario ou monumento megalítico, consistente nunha gran pedra colocada verticalmente' e cebrarium, 'lugar onde hai moitos asnos bravos', tamén chamados onagros e 'cebros' < (e)quos feros + -arium (sufixo abundancial).Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. ISBN 978-84-9865-892-1. Páxs. 326, 428, 492..

Patrimonio Patrimonio arquitectónico A igrexa prerrománica de Santa María do Cebreiro, que formaba parte dun mosteiro medieval situado nun paso obrigado no camiño a Santiago. As pallozas típicas da serra dos Ancares.

O Cebreiro na literatura popular Refraneiro Corren as nubes pra o Cebreiro, colle a capa e o sombreiro Saudade. Verba Galega nas Américas 1942-1953. Ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro 2008, nº 3, maio 1943, 24-25..

Cantigueiro Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña ben a sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 122. A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz de Portela de Padornelo, en Pedrafita do Cebreiro, que é de pedra, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían á sega a Castela deixaban unha pedra ó pé desta cruz e, á volta, deixaban a fouce como exvoto na ermida da Nosa Señora das Angustias, que está ó seu carón.. Os ollos que me a min queren/ nesta terra non están;/ pasaron a Cruz de Ferro/ e por Castilla andarán Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 126.. Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín..

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pedrafita do Cebreiro vexa: Lugares de Pedrafita do Cebreiro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Queixo do Cebreiro

Categoría:Pedrafita do Cebreiro Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía