Fernando Ruiz de Castro, finado en 1377 en Bayonne, foi un nobre galego do século XIV, III conde de Lemos, Trastámara e Sarria con carácter non hereditario. Foi un dos persoeiros galegos máis importantes e influentes da centuria do XIV. Adaíl da causa de Pedro I na guerra civil de Castela, aparece coma insaciable canalizador das lealdades petristas. Mesmo logo da morte do monarca, continuaría coa súa cruzada ata o derradeiro alento.
Os Castro dereita|miniatura|180px|Fernando Ruiz liderou a causa de Pedro I de Castela (na imaxe) na guerra civil castelá. A liñaxe dos Castro xurdiu na vila burgalesa de Castrojeriz e pertence, xunto aos Lara ou aos Guzmán, ás cinco grandes familias emparentadas cos primeiros reis de Castela. Unha rama da familia pasou a Galiza no século XII onde se emparentaron coas casas de Lemos e Sarria. Dominaron Galiza e estiveron presentes nos feitos máis relevantes da súa historia, así coma na de Castela e León, destacando no auxilio prestado aos seus monarcas nas campañas de conquista dos territorios musulmáns. O declive dos Trava permitiu que aos poucos fosen ocupando o seu lugar preeminente.
Fernando Ruiz de Castro naceu do segundo matrimonio de Pedro Fernández de Castro O da Guerra e Isabel Ponce de León. O seu proxenitor destacou ao carón de Afonso XI de Castela na loita contra os musulmáns. Coma proba dos seus bos servizos, lealdade e reputación que ostentaba, o rei recompensouno coa tenza de importantes títulos e diversas fortalezas coma a do Castro de Caldelas (Ourense) e a de Monforte de Lemos (Lugo), esta doada no 1332.
Fernando era o primoxénito de catro irmáns: Xoana de Castro e os bastardos Alvar Pérez de Castro e Inés de Castro; tivo que tomar as rendas do apelido a unha idade moi nova (apenas contaba con 15 anos). Así, no 1337, con data do 27 de marzo en Allariz, o testamento de Pedro Fernández de Castro non deixa lugar a dúbidas:
miniatura|esquerda|125px|Henrique de Trastámara, vencedor da guerra civil.
Mais non morrería trala sinatura do anterior testamento, senón que acontecería en xuño de 1343 no sitio de Xibraltar xunto ao seu rei. Unha epidemia de peste que asolou Castela decimou o exército de Afonso XI, xunto ao que loitaba o conde galego.
Co falecemento do pai comezamos a ter as primeiras novas á cabeza dos títulos e mercedes que ostentara Pedro. Aparece nomeado Pertegueiro Maior de Santiago e a súa Terra e ratificando no 1345 uns privilexios que o mosteiro de Sobrado dos Monxes tiña concedidos do rei. Posteriormente, no 1351, Pedro I intitularíao Mordomo Maior do Rei e Alférez Maior.
A súa filiación á causa petrista semella pois evidente ao teor das mercedes obtidas e axiña se constituiría como a man dereita do rei, aínda que unha afronta ao seu honor trocaría as súas lealdades e acabaría apoiando a Henrique de Trastámara. Con anterioridade exerceu de testemuña nos esponsais celebrados en Valladolid entre Pedro I e Branca de Borbón no ano 1353. Mais no 1354 a situación troca, alzarase ofendido na defensa da honra da súa irmá Xoana, sendo entón cando escoita a chamada do conde de Trastámara.
A desnaturalización de Fernando O infortunado evento aconteceu en Cuéllar (Segovia), onde residía a viúva de Diego de Haro, Xoana; os textos da época exaltan a súa beleza, realmente comparábel á da súa irmá Inés:
En efecto o rei, obnubilado pola súa fermosura, requiría os amores da galega; esta negábase aducindo que o rei estaba xa casado con Branca. A tenacidade do monarca non se viu minguada e solicitou os testemuños dos bispos Sancho de Ávila e Juan de Salamanca para que anulasen dito casamento e convencesen á irmá do de Castro a que accedese ao seu desexo.
Os esponsais celebráronse finalmente na mesma vila de Cuéllar, oficiando o bispo de Salamanca. Xoana sería esposa por unha noite, a da voda, pero raíña ata a súa morte. O rei irá refuxiarse aos brazos da súa amante María de Padilla.
miniatura|dereita|200px|Torre da homenaxe do Castelo de Monforte pertencente a liñaxe dos Castro. A pesar que Branca de Borbón sempre foi considerada a lexítima raíña, observamos en diferentes documentos asinados pola irmá de Fernando de Castro coma se autointitula raíña e esposa do monarca castelán:
A esta ofensa tan grave e tan sentida polo cabaleiro galego, debemos sumarlle a acusación que fai na contra de Pedro, de que este o quixo matar nun torneo celebrado en Valladolid en relación co casamento deste con Branca. Foi entón cando reuniu ao seu exército e partiu a reunirse cos trastamaristas. Estes acollérono sen reparos xa que tiña nome, importantes riquezas e Galiza seguiríao sen dificultades. Amais, tiña merecida fama de excelente loitador.
O capítulo da sedición de Fernando de Castro abriuse cos famosos episodios de Salvaterra. Atravesaría a fronteira con Portugal establecéndose en Monção, nos sucesivos nove días pasaría a raia cara Galiza e ante notario faría pública a súa desvinculación (desnaturalización) do rei de Castela polas afrontas citadas anteriormente. A continuación marchará a reunirse cos outros sediciosos: Henrique de Trastámara e Juan Alfonso de Alburquerque. Logo de diversas tentativas de chegaren a algún tipo de acordo con Pedro e de acoller a máis descontentos, ao fin reuníronse en Toro (Zamora); ou máis ben cabería dicir que o rei foi retido contra a súa vontade na vila por estes cabaleiros. Alí repartíronse diversos cargos da corte, o de Castro foi nomeado Mordomo Maior.
Solucionado o incidente reclama tamén a man de Xoana, irmá do de Trastámara, coma lle prometeran, da cal, segundo afirma López de Ayala, estaba profundamente namorado e que coñecera na corte onde esta se criara. As nupcias contraéronse en Toro e seguidamente volveu a Galiza acompañado da esposa.
Troco de lealdades Cabe salientar un aspecto interesante a ter en conta que arrodea todo este asunto. O futuro conde de Lemos apoiou ata a súa propia morte ao bando lexitimista cun fervor inusitado; que non é propio dun cabaleiro que se viu ultraxado. Abandona Toro sen render pleitesía a Pedro coma fixeran outros cabaleiros, entre eles o seu irmán Alvar Pérez de Castro, para máis adiante aparecer ao carón do rei nos momentos complicados que salpicaron o seu reinado. ¿Por que esta actitude do galego? ¿Que lle fixo trocar radicalmente de postura? Fernando de Castro coñecía a inconformidade do monarca perante o seu matrimonio pois deste xeito emparentábase co seu maior inimigo.
Llaguno Amirolo apunta que mediante petición rexia o galego anulou o matrimonio baixo a afirmación de que eran parentes e a inexistencia dunha dispensa papal facía que cohabitasen en pecado. Pedro conseguiu deste xeito dúas importantes vantaxes: por unha banda pór a mal a Fernando de Castro e ao conde de Trastámara, e por outra achegalo ao seu seo.
Por outra banda hai autores que defenden que as intencións do galego estribaban só en que o rei recapacitara e se decatara do erro cometido na súa persoa. En ningún intre se lle pasou polo pensamento a idea de destronar a Pedro. A súa lealdade permaneceu intacta a pesar de todo e talvez cando coñeceu os plans do conde de Trastámara e os seus aliados, decidiu desvincularse de tal empresa. Polo que tampouco sería disparatado que esta fora unha razón de peso para a anulación do matrimonio con Xoana.
miniatura|dereita|250px|O asasinato de Inés de Castro. Nada se sabe da súa vida entre os anos 1357 e 1366. O máis probable é que se atopase en Portugal por mor da morte da súa irmá Inés de Castro asasinada por orde do monarca luso.
De todos os xeitos axiña os Castro comezaron a recibir da coroa cuantiosas dádivas, cargos e terras en honra a súa inestimable axuda e lealdade. Recibiron o condado de Trastámara arrebatado a Henrique; tamén no ano 1360 recibiu o título de Alférez Maior das terras de Sarria, San Xiao e Outeiro de Rei.
Coa intención de que a liñaxe tivera descendentes lexítimos o rei Pedro ofrécelle a man de Leonor Enríquez emparentada por liña directa co rei Fernando o Santo.
A única mención que se fai do De Castro neses anos aparece en relación á batalla de Araviana (1359) nas ladeiras do Moncayo entre o exército de Pedro I e outro comandado por Henrique de Trastámara e o seu irmán Tello que estaban ao servizo de Pedro IV "O Cerimonioso". O exército castelán sufriu unha durísima desfeita e Fernando de Castro viuse na obriga de fuxir picando esporas e sen poder evitar que o seu alférez maior Gonzalo Sánchez de Ulloa perecera na contenda onde estaba coma fronteiro do rei.
A década dos sesenta presentouse complicada para Pedro I, pola súa contra o de Trastámara ía paulatinamente gañando adeptos e o seu avance polo reino castelán semellaba imparable. A pesar da bravura esgrimida polo galego no 1364 perante os muros da cidade de València, nada puido facer para evitar un grave afundimento militar. No 1366 Henrique avanzaba xunto as temibles Compañas Brancas comandadas polo bretón Bertrand Du Guesclin asoballando a todo aquel que se interpoñía ao seu paso.
A Guerra Civil trasládase a Galiza miniatura|esquerda|250px|Castelo de Monterrei onde se reuniron os partidarios petristas. Amparado tralos muros de Sevilla, Pedro I atopábase cada vez máis só e axiña se decatou de que Galiza se amosaba coma a resposta axeitada. Pedro decidiu entón reunirse con Fernando de Castro e outros galegos leais en xuño de 1366 en Monterrei (Verín). No castelo desta vila tratáronse moitos temas de interese e discutíronse diferentes plans de acción.
A flor e tona do petrismo galego estaba alí reunida: o incombustible Fernando de Castro, o coruñés Xoán Fernández de Andeyro, Men Rodríguez de Sanabria, Gómez Gallinato e Fernán Pérez de Deza dos Churruchao, entre outros. Tamén acudiu o arcebispo de Compostela Suero Gómez de Toledo, sobre cuxa mitra pairaba a sospeita da traizón, pois segundo parece simpatizaba con Henrique e ousara mandar asasinar a un cabaleiro dos Deza que pretendera acusalo da súa preferencia na disputa dinástica. O arcebispo era consciente da xenreira que os Churruchao lle gardaban e por iso arribou a Monterrei escoltado por un numeroso continxente.
Na reunión acentuouse a belicosidade da nobreza galega; a súa idea constante consistía en presentar batalla cun exército galego ás tropas de Henrique en terras zamoranas. A defensa desta alternativa contaba co apoio do mestre de Alcántara e, como non, do líder da nobreza galaica Fernando de Castro. Mais o chanceler Mateo Fernández dubidaba da viabilidade do proxecto: no se fiaba de la eficacia de los soldados gallegos lejos de sus montañas.
O rei non se atrevía a tomar unha decisión que precisaba chegar o máis axiña posible. Finalmente desestimou a opción dos galegos aferrándose a unha factible axuda inglesa. O porto da Coruña vería partir cara a Francia ocupada polos ingleses a Pedro xunto as súas fillas e o minguado tesouro real, aínda que antes tería lugar un lance que mancharía se cabe aínda máis a imaxe do monarca. Falamos, claro está, do asasinato de Suero Gómez de Toledo.
Deste feito podemos entresacar tres teorías que trocan por completo a tradicional percepción que sobre dito asasinato sempre se tivo:
En primeiro lugar debemos presentar a tradicional idea que sobrevoa o tráxico fin do arcebispo compostelán. Pedro, perante as simpatías do eclesiástico cara Henrique, ordena impunemente a súa "execucion" inmediata: Verbas do cronista López de Ayala, que militará no bando trastamarista. A propaganda deste ilustre personaxe será ardua e numerosa.
Unha segunda teoría acusa ao mesmo Henrique de Trastámara como o autor da orde de dar morte ao prelado. Baséase este razoamento en dous puntos: Pedro en ningún momento fai alarde ou mención do feito, algo estraño xa que sempre fixo gala dunha sinceridade brutal cando se trataba deste tipo de asuntos. Con motivo de desacreditar unha vez máis ao rei.