Winixiso ou Winichis (no latín da época Winigisus; morreu en 822) foi duque de Spoleto (dux Spolitanus) desde 789 ata a súa morte. Traxectoria Posibelmente era un franco do círculo de Carlomagno cando foi enviado no 788 para guiar a Hildeprando de Spoleto e a Grimoaldo III de Benevento en cooperación coas tropas francas contra a invasión bizantina.
Nesta primeira acción na que é mencionado tivo éxito, ao derrotar aos gregos guiados por Teodoro en Apulia. Hildeprando, con todo, morreu na campaña e Carlomagno designou a Winixiso para sucedelo no ducado de Spoleto. Tamén foi designado por Carlomagno para que actuase como un missus dominicus seu no Ducatus Romae e estaba na basílica de San Pedro cando o papa León III foi asaltado o 25 de abril de 799. Foi el quen o levou á protección de Spoleto ata que puido volver a salvo a Roma.
Winixiso viuse envolto nunha guerra con Grimoaldo III de Benevento, con todo, e foi capturado no cerco de Lucera en 802. Estivo prisioneiro por un ano ata que foi liberado en 803.Hodgkin, VIII, 256. de acordo con Einhardo, Grimaldus Beneventanorum dux capturou Winigisum comitem Spoletii en Luceria e "tívo[o] en honorábel cativerio" ata o ano seguinte. Segundo os Annales Fuldenses, foi cercado e capturado por Grimoldo en 803.
Mentres León III estaba próximo á morte en 815, os cidadáns de Roma rebeláronse, pero o rei Bernaldo mandou a Winixiso a Roma para reprimir a desorde.
En 822, Winixiso abandonou as súas obrigas mundanas e retirouse a un mosteiro, onde morreu non moito tempo despois (probabelmente nese mesmo ano).Hodgkin, VIII, 51. Einhardo. Sucedeuno Suppón I, Brixiæ civitatis comes ("Conde da cidade de Brescia").Anais reais francos e Einhardo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Hodgkin, Thomas. Italy and her Invaders. Clarendon Press: 1895. Foundation for Medieval Genealogy: Northern Italy — Spoleto.
Categoría:Francos Categoría:Historia medieval de Italia Categoría:Duques de Spoleto Categoría:Finados en 822