Hermógenes Afonso de la Cruz, coñecido tamén polo alcume Hupalupa, nado en Garachico o 11 de decembro de 1945, e finado en Santa Cruz de Tenerife o 11 de xaneiro de 1996, foi un activista político, historiador e escritor canario.

Traxectoria Interesado polo campo e a agricultura graduouse como perito na Escola Agrícola da Universidade de La Laguna. Durante a súa etapa de estudante achegouse ao movemento independentista canario e converteuse no responsable da área de cultura do Movemento pola Autodeterminación e Independencia do Arquipélago Canario (MPAIAC). En 1975, participou na fundación de Solidaridad Canaria dende onde editou e difundiu listas de nomes guanches.

Foi membro fundador do sindicato Confederación Canaria de Traballadores (CCT), e militou no Partido da Revolución Africana das Illas Canarias (PRAIC) e na Fronte Popular pola Independencia das Illas Canarias (FREPIC-AWAÑAK), participando tamén no Centro Canario de Estudos, Amizade e Solidariedade entre os pobos de África "Almílcar Cabral", fundando a Revista do Oeste de África (ROA).

Realizou diversas investigacións arqueolóxicas e antropolóxicas, realizando investigacións de campo e estudos comparativos coas poboacións amazigh do continente africano. É autor de varios libros de antropoloxía e historia, así como dunha serie de contos literarios.

Obras Apuntes de Historia de Canarias Magos, Maúros, Mahoreros o Amasikes Rebereques (contos e relatos curtos)

Notas

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Nacionalistas canarios Categoría:Escritores das Canarias Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Políticos das Canarias Categoría:Historiadores de España Categoría:Alumnos da Universidade de La Laguna