O Museo Arqueolóxico de Sogamoso, cuxo nome oficial é Parque Museo Arqueolóxico Eliécer Silva Celis, é un museo colombiano dos descubrimentos arqueolóxicos da área de Sogamoso, a cidade sagrada do Sol para os muiscas. O museo contén 4000 pezas arqueolóxicas muiscas e do período Herrera. Museum description at Boyacá cultural Foi fundado en 1942 polo arqueólogo Eliécer Silva Celis, quen axudou a edificar a reconstrución do Templo do Sol no museo. Dende 1953 o museo é xestionado pola Universidade Pedagóxica e Tecnolóxica de Colombia, con sede en Tunja. Website Museum Description museum

Descrición O museo contén un parque arqueolóxico, paleontoloxía e seccións precolombianas e muiscas. Hai unha zona dedicada á minaría de carbón, instrumentos musicais e tecidos muiscas, momias, metalurxia e reconstrucións dos bohíos (casas) muiscas. A principal atracción é o Templo do Sol reconstruído, de 18 metros de altura. Sun Temple in the museum - Pueblos Originarios

O museo tamén alberga unha escultura do derradeiro iraca de Sogamoso; Sugamuxi.

O museo organiza obradoiros e no solsticio de inverno Fiesta del Huán celébrase a Festa do Huán, relacionada coa fonte da Conchucua onde a iraca se bañaba. Museum description at official website Sogamoso

En 2015, descubriuse unha tumba no terreo do museo. Grave found on the terrain of the museum

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pobo muisca Museo Arqueolóxico de Pasca Ligazóns externas Vídeo do museo

Categoría:Museos de Colombia Categoría:Pobo muisca