Xenócrates de Afrodisias (en latín Xenocrates, en grego antigo Ξενοκρὰτης) era un médico grego nado en Afrodisias en Cilicia que debeu vivir sobre a metade do século I e foi probabelmente contemporáneo de Andrómaco o Novo. Traxectoria Galeno di que viviu dúas xeracións antes que a súa. Escribiu algúns libros de farmacia e Galeno critícao porque confeccionaba remedios con substancias desaxeitadas como ouriños, cerebros humanos, excrementos, etc. Unha das súas obras titúlase Περὶ τῆς ἀπὸ τῶν Ζώων Ὠφελείας, De utilitate ex animalibus percipienda. Galeno, Clemente de Alexandría, Artemidoro, Plinio, Oribasio, Aecio e Alexandre de Trales cítano en diversas ocasións. Das súas obras Oribasio conservou o ensaio Περὶ τῆς ἀπὸ τῶν Ἐνύδρων Τροφῆς De alimento ex aquatilibus, un interesante rexistro do estado da historia natural da época na que viviuW.A.G., Xenocrates en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Vol. III. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1294.. Notas

Categoría:Personalidades de Afrodisias (Cilicia) na Antigüidade Categoría:Médicos Categoría:Nados no século I Categoría:Finados no século I