Benito Rivas Hermida, nado cara a 1877 e finado en Verducido (Pontevedra) o 25 de xullo de 1962, foi un político galego.
Traxectoria Importante propietario e maior contribuínte no censo industrial de Xeve. Foi fiscal e xuíz municipal de Xeve. Foi elixido concelleiro de Xeve en 1909 e dende 1912 foi alcalde de Xeve. Cesou como alcalde coa ditadura de Primo de Rivera. Foi presidente do grupo cooperativo de Verducido na Caja Rural de Lérez en 1930 e membro do consello de administración da entidade. En marzo de 1933 figura como secretario do congreso agrícola que se celebra en Pontevedra. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Xeve en 1938. Continuou na alcaldía ata a anexión de Xeve por Pontevedra en 1944. Despois foi concelleiro de Pontevedra. Finou en Verducido o 25 de xullo de 1962 con 84 anos.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 26-7-1962, p. 12.El Pueblo Gallego, 27-7-1962, p. 13.
Recoñecementos
Foi nomeado concelleiro honorario de Pontevedra en 1955.El Pueblo Gallego, 28-1-1955, p. 8. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Alcaldes de Xeve no 1936.
Categoría:Alcaldes de concellos galegos desaparecidos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición
Categoría:Nados en 1877
Categoría:Finados en 1962 Categoría:Alcaldes da provincia de Pontevedra