A folosa grande, ou fulepa grande, (Acrocephalus arundinaceus) é unha ave paseriforme da familia dos acrocefálidos (Acrocephalidae), pertencente ao xénero Acrocephalus.

Descrición O corpo mide uns 19 cm e ten unha envergadura de ás é de 28 cm, o que a converte na meirande das folosas europeas. Pesa entre 25 e 36 gramos. A parte superior do seu corpo é castaña, a inferior de cor branca tirando a amarela. A gorxa é branca e ten unha banda branca característica sobre dos ollos. O peteiro é forte. Machos e femias comparten a mesma coloración.

Distribución xeográfica e hábitat miniatura|esquerda Vive en case toda Europa entre abril e setembro, en Asia ten unha distribución ampla, chegando a China e Corea. Os exemplares europeos pasan o inverno en África tropical e do sur. Fan a emigración en grandes etapas, interrompidas por pausas longas, que poden durar semanas, nas que procura recupera-las súas reservas de graxa para poder segui-lo seu camiño.

Vive nos canavais e entre as plantas das ribeiras de lagos, estanques, ríos e pantanos.

Alimentación e reprodución miniatura|Niño da Folosa grande thumb| Cuculus canorus canorus + Acrocephalus arundinaceus Chouta e agatuña con axilidade entre as canas para alimentarse de arañas, insectos e larvas, cágados e bagas. Maduran sexualmente ó ano de vida. A época reprodutora en Europa ten o seu cumio entre maio e xullo. Fai un niño de herbas e xuncos con xeito de cunca que agochado entre as plantas acuáticas suxeito a tres ou catro canas e pendurando sobre da auga. A femia pon de 4 a 6 ovos que son chocados entre 12 e 14 días. Os seus niños son paras con frecuencia polos cucos.

Sistemática Recoñécense dúas subespecies: Acrocephalus arundinaceus arundinaceus de Europa, o noroeste de África do norte, Turquía e o Oriente Próximo ata a cunca do río Volga. Acrocephalus arundinaceus zarudnyi do norte de Iraq, Irán, Afganistán, Uzbekistán, Tadjiikistán, Mongolia e oeste da China (Sinkiang). As vellas subespecies A. a. griseldis de Iraq, e A. a. orientalis de Sinkiang e leste de Mongolia, conca inferior do río Amur e do Xapón son consideradas agora dúas especies separadas: Acrocephalus griseldis e Acrocephalus orientalis.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Acrocefálidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Galicia Categoría:Aves de Eurasia