Jack O'Connell, nado o 1 de agosto de 1990 en Alvaston, Derbyshire, é un actor inglés. Obtivo o recoñecemento por primeira vez por interpretar a James Cook na serie de televisión británica Skins (2009 - 2010, 2013). Tamén é coñecido polos seu papel no filme This Is England (2006), no thriller de terror Eden Lake (2008), nos dramas de televisión Dive (2010) e United (2011), e na miniserie de Netflix Godless (2017), pola que recibiu unha candidatura aos Premios da Crítica Televisiva.
O'Connell realizou actuacións aclamadas pola crítica nas películas independentes Starred Up (2013) e '71 (2014), que lle valeron nomeamentos aos Premios do Cine Independente Británico. Posteriormente, interpretou o heroe de guerra Louis Zamperini na película bélica Unbroken (2014) e recibiu o premio Premio BAFTA á estrela emerxente. Dende entón, protagonizou o thriller Money Monster (2016), o drama biográfico Trial by Fire (2018), a miniserie da BBC The North Water (2021), a serie da BBC SAS: Rogue Heroes (2022 - presente), a película biográfica de Amy Winehouse Back to Black (2024), a película de terror de época Sinners (2025) e as películas de terror posapocalípticas 28 Years Later (2025) e 28 Years Later: The Bone Temple (2026).
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Derbyshire Categoría:Actores do Reino Unido