José Cid Outomuro, nado en Santa Baia de Urrós (Allariz) o 5 de setembro de 1916 e finado en Montrouge (Altos do Sena) o 7 de xaneiro do 2011, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria miniatura|Ficha de rexistro en Mauthausen.

Nalgúns documentos do campo sinálase como residente en Fresno de Torote, concello da Comunidade de Madrid. É factible que emigrase antes da guerra civil española ou fose traballar na sega e alí o collese o golpe franquista. A profesión coa que se rexistrou no campo de concentración era "xornaleiro". Durante a guerra civil foi miliciano e membro do Quinto Regimiento do Exército da República. miniatura|Datos do Campo de Mauthasen para o expediente de deportado político. Cruzou a fronteira francesa o 9 de febreiro de 1939 e estivo encerrado no campo de Campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Meses despois formou parte da 27 Compañía de Traballadores Estranxeiros, antes de ser feito prisioneiro polos alemáns o 16 de xuño de 1940 en Épinal (Vosgos).

En mans dos nazis O 3 de abril de 1941 ingresou no campo de Mauthausen , procedente do stalag XII-D de Tréveris, co número 3899. En principio foi destinado ao subcampo de Steyr, a 30 km do campo principal, adicado á produción de armamento. Máis tarde trasladárono ao kommando próximo de Ternberg, asignado ao coñecido e polémico kommando César, dirixido polo kapo valenciano César Orquín, construíndo unha presa. José formaba parte deste grupo duns catrocentos republicanos españois que realizaban traballos fóra do campo central. Orquín gañárase a confianza dos SS e iso permitiulle formar este kommando, sendo para algúns un heroe e para outros un canalla que os sometía a un traballo infernal. miniatura|Recoñecemento do Estado francés como deportado político. Regresou ao campo central de Mauthausen o 19 de setembro de 1944. O 2 de decembro de 1944 José foi trasladado á instalación de foguetes V-2 Redl-Zipf (nome en clave Schlier) situada no centro de Austria. Exilio en Francia Foi liberado o 5 de maio de 1945 polo exército dos Estados Unidos. Repatriado o 30 de xullo de 1945, viviu en Francia ata súa morte, na zona de París. En 1945 consta como afiliado á UGT, sección de París.

Foi recoñecido por Francia como deportado político en 1956, cando xa vivía en Mountrouge. Recibiu unha axuda económica por ese motivo de 60.000 francos.

En 1955 estaba solteiro. Máis tarde casou e tivo unha filla, Patricia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona: Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. Wachsmann, Nikolaus (2015). KL. Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies.

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Allariz Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis